Novas por contido

Achegamos resumo da Comisión de Persoal e Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos que tivemos o luns 8 de xullo, onde se trataron: RPTs, Funcionarización, modificación do Acordo de Concertación, e outras informacións.

En Comisión de Persoal:

Modificación da RPT de Medio Ambiente: aprobada cos votos en contra de CIG, co voto a favor de CCOO, e a abstención de CSIF e UGT. Descargar borrador

Decreto de funcionarización: o director xeral de Función Pública retira o asunto da orde do día. Pendente de comprobar as equivalencias de categorías coas escalas. Descargar borrador.

Modificación do Acordo de Concertación Social e do Fondo de Acción Social: Entregaron un novo borrador o mesmo día, polo que tamén se retira da orde do día e dan prazo de alegacións ata o venres 12 de xullo. Descargar borrador.

Na Mesa Xeral Extraordinaria:

Tratáronse as RPTs dos Órganos Superiores da Presidencia (descargar), da GAIN (descargar), de AGADIC (descargar) e da AMTEGA (descargar). Sen cambios. Ratificámonos nas alegacións presentadas.

Na RPT de AMTEGA as catro OOSS levantámonos da mesa ao non contemplarse na proposta os pluses do persoal informático e a identificación dos postos por localidade.

Van xa para a Comisión de Persoal do venres 12 de xullo.

Outras informacións:

Concurso de traslados: Enviaron o buzón de postos de varias consellerías (1.440 postos). Pendente de envío o resto de consellerías. Alegacións ata o venres ás 14:00 horas.

Cronograma procesos selectivos: para finais de semana ou principio da que vén.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...