Novas por contido

No DOG do 14/08/26 publícase a Resolución do 31 de xullo de 2026 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

No DOG do 13/08/26 publícase o Anuncio polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal.

No DOG do 13/08/26 publícase o Anuncio do 24 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 218/26, con relación ao proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B.

No DOG do 13/08/26 publícase a Resolución do 28 de xullo de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

No DOG do 13/08/26 publícase a Resolución do 27 de xullo de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal (Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

No DOG do 13/08/26 publicouse a Resolución do 27 de xullo de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada (Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

No DOG do 13/08/26 publícase a Resolución do 23 de xullo de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 208, do 28 de outubro), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

No DOG do 13/08/26 publícase a Resolución do 5 de agosto de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de agosto de 2026, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

No DOG do 12/08/26 publícase a corrección de erros da Resolución do 3 de xullo de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos.

No DOG do 12/08/26 publícase o Decreto 89/2026, do 3 de agosto, polo que se regula o Rexistro do Persoal Funcionario Público Habilitado e a asistencia para a identificación e a sinatura electrónicas no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...