Novas por contido

No DOG do 29/06/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2026 pola que se convoca o Curso de alta especialización en ordenación da economía e sectores regulados.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 4 de setembro de 2026.

No DOG do 26/06/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se lle dá publicidade á modificación da Resolución do 7 de maio de 2026 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro).

- RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 11 de xuño de 2026 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro).

As listaxes con estas modificacións poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 26/06/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, pola que se modifica a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á especialidade de educador infantil e se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que o superaron.

- RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala técnica de facultativos, especialidade de educador social.

- RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á especialidade de educación infantil.

- RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á especialidade de educación infantil.

No DOG do 26/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 8 de xullo de 2025.

Adxudican e facen públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo I.

Difiren os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galiza a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.

No DOG do 26/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2026 pola que se modifica a Resolución do 25 de maio de 2026 pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior, escala superior de sistemas e tecnoloxías da información; corpo de xestión, escala de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, e corpo administrativo, escala de técnica/o especialista en tecnoloxías e sistemas da información da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 26/06/2026 publican a ORDE do 19 de xuño de 2026 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos selectivos para o ingreso pola modalidade específica de promoción laboral fixo, convocados polas resolucións do 24 de febreiro de 2024.

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira dunha persoa, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de xullo de 2026.

No DOG do 25/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de xerocultor ou xerocultora, e do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servicios xerais (PSX).

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de «Concurso de traslados».

As respostas ás reclamacións poderanse consultar no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions

No DOG do 25/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 31 de marzo de 2026 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, concurso convocado pola Resolución do 8 de xullo de 2025.

Inclúen unha nova persoa.

No DOG do 25/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais, convocado mediante a Resolución do 4 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 131, do 10 de xullo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Acordan modificar a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, eliminando a persoa aspirante decaída, renumerando a orde de prelación e incorporando unha nova persoa aspirante, atendendo á orde das puntuacións obtidas nel, e facer pública esta relación complementaria como anexo.

No DOG do 25/06/2026 publican o ACORDO do 12 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publicar as puntuacións do primeiro exercicio.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...