Novas por contido

No DOG do 17/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Elevan esta relación ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

No DOG do 17/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 8 outubro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/ as, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

Declaran ás persoas aspirantes que superaron o cuarto exercicio exentas de realizar o quinto exercicio por ter presentada a documentación xustificativa sinalada na base II.1.5 da convocatoria.

No DOG do 17/10/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2024 pola que se convoca o webinario O persoal funcionario interino: entre a xurisprudencia europea e a xurisprudencia dos tribunais españois.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 29 de outubro de 2024.

No DOG do 16/10/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo

- RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

No DOG do 15/10/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galiza, na escala de persoal subalterno e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais.

- RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza.

No DOG do 15/10/2024 publican:

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de setembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de setembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galiza, e persoal laboral propio do Cixtec (grupo II), pola que se se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinadas categorías.

No DOG do 15/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do VI Premio empregados/as públicos/as innovadores/as e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN822D).

Poderá participar nesta convocatoria todo o persoal funcionario e laboral, incluído no artigo 4.a) e 4.c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

No DOG do 14/10/2024 o CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR - FUNDACIÓN CETMAR publica o ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas de selección para ocupar unha praza de persoal técnico.

No DOG do 14/10/2024 a VALEDORA DO POBO publica a RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024 pola que se resolve de forma definitiva o concurso de méritos para a adscrición a un posto de administrativo vacante nesta institución, convocado pola Resolución do 5 de xuño de 2024.

No DOG do 14/10/2024 a AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL publica a RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2024, da Comisión de Selección, para cualificar o proceso selectivo de dous postos de titulado de grao medio, grupo II, categoría 007 de persoal laboral fixo.

Fan pública as puntuacións definitivas do concurso do proceso selectivo.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...