Novas por contido

No DOG do 28/11/2024 publican a RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 10B e 10C do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba visual.

Terá lugar o día 2 de decembro de 2024, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), situada na rúa de Madrid, núm. 2-4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/ procesos-selectivos/consulta

No DOG do 28/11/2024 publican a RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado mediante a Resolución do 12 de agosto de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 159, do 20 de agosto), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publicam as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 27/11/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala técnica de delineantes.

- RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos.

- RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio.

No DOG do 27/11/2024 publican a RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2024 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1.

No DOG do 27/11/2024 publican a RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2024 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A1, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre convocado mediante a Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 121, do 27 de xuño).

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 27/11/2024 publican a baremación provisional da fase de concurso do proceso de establización mediante concurso-oposición de:

- subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de educador/a social

-subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de traballo social

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co establecido na base IV.5 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para formular reclamación contra as puntuacións provisionais perante o tribunal.

As reclamacións presentaranse a través de Fides na epígrafe de «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución en que desexe formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación de alegacións ao baremo».

No DOG do 27/11/2024 publican a RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galica, szbgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023, publicada no Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, con indicación da puntuación.

De conformidade coa base IV.2 da resolución da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos documentos previstos na citada base. 

Elevan a dita relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e propoñer o nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas aspirantes que figuran nela.

No DOG do 26/11/2024 a AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALIZA publica o ANUNCIO do 20 de novembro de 2024, da Comisión de Selección, polo que se dá publicidade á Resolución do 19 de novembro de 2024 pola que se aproba e se fai pública a resolución coas puntuacións definitivas do baremo correspondente ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II e III de persoal laboral fixo desta axencia.

No DOG do 26/11/2024 publican a data, hora e lugar da proba física de concurso de estabilización da Lei 20/2021:

- categoría profesional 38 do grupo I (técnico superior de defensa contra incendios forestais): día 29 de novembro de 2024, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña),  segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/ procesos-selectivos/consulta

- categoría 039 do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galiza: día 29 de novembro de 2024, no estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

-  especialidade de bombeiro/a forestal xefe de brigada (grupo B): día 29 de novembro de 2024, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

- categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza:  día 29 de novembro de 2024, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña),  segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

-  categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza:  día 29 de novembro de 2024, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/ procesos-selectivos/consulta

-  especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2:  29 de novembro de 2024, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

-  categorías 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza:  día 29 de novembro de 2024, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/ funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

No DOG do 26/11/2024 publican a RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2023 do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución, do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Unha vez feita a corrección dos exames o día 12 de novembro de 2024 e cos límites fixados nas bases da convocatoria, acadaron a puntuación necesaria para superar o primeiro exercicio un total de dous aspirantes na quenda de promoción interna e 60 aspirantes na quenda libre, fíxase en 34 o corte para a quenda de promoción interna e de 52 na quenda libre, e acórdase publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...