Novas por contido

No DOG do 19/11/2024 publican a RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

Publican como anexo a esta resolución a relación de persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas.

De conformidade co disposto na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Elevan a dita resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas aspirantes que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas.

No DOG do 19/11/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinadas categorías.

No DOG do 19/11/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2024 pola que se convoca a Xornada de autocoidado.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 25 de novembro de 2024.

No DOG do 18/11/2024 REDES DE TELECOMUNICACIÓN GALEGAS RETEGAL, S.A. publica a RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2024, da Comisión de Selección designada para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos postos de técnico Cexar e técnico de Campo na categoría oficial de comunicacións/auxiliar técnico de comunicacións do grupo V, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

No DOG do 18/11/2024 a Axencia Galega de Industria Forestal publica a RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2024 pola que se nomea o persoal laboral fixo en virtude do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a forestal, grupo II, categoría 007, de persoal laboral fixo.

No DOG do 18/11/2024 publican as baremacións provisionais da fase de concurso dos seguintes concursos-oposicións de estabilización da Lei 20/2021:

- Subgrupo A1, escala de arquitectos.

- Subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil.

- Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro forestal-condutor de motobomba, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galiza.

- Categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal condutor/a.

- Categoría 14 do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De acordo co establecido na base IV.5 da convocatoria, as persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais perante o tribunal, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

As reclamacións presentaranse a través de Fides na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexe formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».

No DOG do 18/11/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de novembro de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

No DOG do 15/11/2024 a EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A. publica o ANUNCIO polo que se fan públicos a convocatoria e as bases específicas para o ingreso nas listas previas de persoal temporal desta empresa pública nas categorías profesionais de enxeñaría industrial e enxeñaría técnica industrial.

No DOG do 15/11/2024 o CONSELLO DA CULTURA GALEGA publica o ANUNCIO de contratación de persoal laboral fixo resultante do proceso selectivo de estabilización de emprego temporal.

No DOG do 15/11/2024 publican a RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en determinadas categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se modifica a Resolución do 17 de outubro de 2024 pola que se fixo pública a baremación provisional da categoría profesional operador/a de ordenador/programador/a (persoal Cixtec).

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...