Novas por contido

No DOG do 23/05/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

No DOG do 23/05/2024 publican:

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de maio de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 3, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galiza e persoal laboral propio do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (grupo II).

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de maio de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.

No DOG do 21/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

No DOG do 21/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúen as persoas aspirantes do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A1).

No DOG do 21/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 121, do 27 de xuño).

No DOG do 21/05/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai público o procedemento para a acreditacion dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, en distintos corpos, escalas e especialidades da Administración xeral e de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, e en categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, en distintos corpos, escalas e especialidades da Administración xeral e de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C2) e categorías do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza.

No DOG do 21/05/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 3, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza e persoal laboral propio do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (grupo II).

- RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.

No DOG do 21/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galiza, pola que se resolven as reclamacións presentadas ás puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

No DOG do 21/05/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca unha bolsa de formación práctica para a xestión de procesos de avaliación e calidade (código de procedemento PR770P).

Un dos requisitos é ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2019 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en Socioloxía ou Ciencias Políticas.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación complementaria será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza desta convocatoria.

No DOG do 20/05/2024 o CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR - FUNDACIÓN CETMAR publica o ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección de persoal para ocupar unha praza.

A data límite de entrega das solicitudes será de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Outras novas recentes

Venres, 12 Xuño 2026

Oposicións análises de laboratorio e enxeñaría de camiños, canais e portos (para MSF 17/06/2026)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que terá lugar o vindeiro mércores 17 de xuño de 2026, coa seguinte orde do día: Proposta de convocatoria de proceso selectivo pola quenda de acceso libre e promoción interna na escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1). Descargar Proposta...
Xoves, 11 Xuño 2026

Persoal de secretaría dos centros de ensino. Acordo PND xa!

O persoal auxiliar e administrativo dos centros de ensino continúa a sufrir unha situación de infravaloración e abuso organizativo que resulta inadmisíbel. A pesar da percepción errónea de que se trata de “persoal de mesa e ordenador”, a realidade evidencia que non está exento de soportar decisións arbitrarias por parte dalgunhas direccións, que non comprenden —ou non...
Venres, 12 Xuño 2026

A CIG chama á mobilización por terra e por mar contra Altri e a mina de Touro-O Pino

Terá lugar o vindeiro día 14 de xuño, ás 12:00 h, na Illa de Arousa  VK_-RpfT6yk  Dende a CIG chamámosche á participación masiva na mobilización convocada polas plataformas Ulloa Viva, contra a mina de Touro e en Defensa da Ría de Arousa para o vindeiro día 14 de xuño.  A marcha de terra arrancará da praia do Vao, na Illa de Arousa,  ás 12:00 h, baixo o lema «Pola defensa...