Novas por contido

No DOG do 09/10/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

No DOG do 08/10/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúen persoas aspirantes do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

- RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúe unha persoa aspirante do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza.

No DOG do 08/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 229, do 1 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 19 de outubro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

No DOG do 08/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a relación de catro novos aspirantes que superaron o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que o superaron.

No DOG do 08/10/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Publican a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Elevan esta relación ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

No DOG do 07/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2024 pola que se dá publicidade da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura temporal, por persoal funcionario interino, de dous postos reservados á escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, dependentes desta consellaría.

As bases e as condicións constan na páxina web da Consellaría do Mar http://mar.xunta.gal

No DOG de hoxe, 04/10/2024 pubícase a baremación provisional do proceso selectivo mediante concurso de méritos de varias escalas da Agrupación Profesional:

  • Escala de persoal subalterno
  • Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade de persoal de limpeza e cociña
  • Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade de persoal de recursos naturais e forestais
  • Escala de persoal de mantemento

O prazo de alegacións será de 10 días hábiles (ata o 18.10.2024) a partir do día seguinte á publicación no DOG

Poderase consultar en https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

NOTA: á día de hoxe a páxina de procesos selectivos de Función Pública SEGUE SEN DAR ACCESO A GRAN PARTE DOS PROCESOS SELECTIVOS. Dende a CIG estamos intentando poñernos en contacto con Función Pública pois hai prazos abertos.

 

 

 

No DOG do 04/10/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2024 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional do ano 2019, realizadas fóra de prazo durante os anos 2019-2024, e se procede á súa notificación.

- RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao II do sistema de carreira profesional do ano 2022, realizadas fóra de prazo durante o ano 2024, e se procede á súa notificación.

No DOG do 04/10/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galiza (subgrupo AP).

- RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza.

No DOG do 04/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 19 de outubro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 1 e 9 e na sala de lectura da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

Outras novas recentes

Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...
Luns, 03 Agosto 2026

Modificación da RPT de Medio Ambiente e Cambio Climático (29/07/2026)

Nesta xuntanza por parte da CIG solicitamos que o persoal que actualmente non fai quendas poida manter a súa situación até que a praza quede vacante; insistimos na urxencia de abrir a negociación integral das condicións de  traballo da escala de Recursos Naturais e Forestais; e reiteramos a nosa solicitude de abril para abrir unha negociación global sobre quendas, domingos e...
Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...