Novas por contido

No DOG do 29/10/2024 publican o DECRETO 184/2024, do 14 de outubro, polo que se regula o Rexistro de entidades incluídas no sector público autonómico de Galiza, segundo a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galiza, e o Sistema europeo de contas nacionais e rexionais da Unión Europea.

No DOG do 28/10/2024 o CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2024 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 1 (Dirección do Departamento de Xestión).

No DOG do 28/10/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial.

- RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas.

No DOG do 28/10/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúe unha persoa aspirante do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2).

No DOG do 25/10/2024 publican:

- Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A1 dos cales se publica o baremo definitivo:

Corpo facultativo superior

  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de camiños, canles e portos
  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de telecomunicación
  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría química
  • Escala de ciencias. Especialidade de ciencias do mar
  • Escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galiza
  • Escala de facultativos. Especialidade pedagoxía
  • Escala de restauración. Especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos
  • Escala superior de sistemas de información xeográfica

 

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo C2 das cales se publica o baremo definitivo:

Corpo de auxiliares de carácter técnico

  • Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade oficial

 

Categorías de persoal laboral do grupo I das cales se publica o baremo definitivo:

  • Cat. 19. Titulado/a superior especialista, titulado/a superior farmacéutico
  • Cat. 32. Técnico/a superior en centros de arte
  • Cat. 38. Técnico/a superior defensa contra incendios forestais

 

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta. gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas as súas alegacións.

No DOG do 25/10/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala técnica de delineantes.

- RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos.

- RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas no fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 25/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023, publicada no Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do sexto exercicio.

 

No DOG do 25/10/2024 publican:

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galiza, e persoal laboral propio do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (Cixtec) (grupo II), pola que se se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinadas categorías.

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinados corpos, escalas e especialidades.

No DOG do 24/10/2024 publican diversas relacións de aspirantes que superaron os procesos selectivos dos concursos de estabilización da Lei 20/2021:

 

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A1 en que se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

Corpo superior

  • Escala de sistemas e tecnoloxías da información
  • Escala superior de finanzas
  • Escala superior de estatísticos

Corpo facultativo superior

  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica
  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de minas
  • Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía
  • Escala de ciencias. Especialidade de física
  • Escala de arqueólogos
  • Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos
  • Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas
  • Escala de inspección urbanística. Especialidade xurídica
  • Escala de facultativos. Especialidade de medicina

 

Categorías de persoal laboral do grupo II das cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

  • Cat. 3. Estimulador/a. Psicomotricista
  • Cat. 4. Mestre/a instrutor/a. Instrutor/a. Mestre/a taller da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Monitor/a de actividades docentes. Monitor/a (titulado/a medio/a)
  • Cat. 5. Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas
  • Cat. 6. Educador/a. Profesor/a especial
  • Cat. 9. Axudante/a de desenvolvemento rural
  • Cat. 35. Pianista
  • Cat. 39. Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais

 

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A2 das cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

Corpo de xestión

  • Escala de inspectores de consumo
  • Corpo facultativo de grao medio:
  • Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade enxeñaría técnica obras públicas
  • Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade enxeñaría técnica de minas
  • Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade enxeñaría técnica en topografía
  • Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade arquivos
  • Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade bibliotecas
  • Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade museos
  • Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade servizos ao buque
  • Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade máquinas e produción
  • Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade traballos técnicos de mergullo
  • Escala de axentes de extensión pesqueira
  • Escala de subinspección urbanística
  • Escala técnica de restauración. Especialidade bens artísticos e arqueolóxicos

 

Categorías de persoal laboral do grupo III das cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

  • Cat. 3. Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a
  • Cat. 12. Mestre/a de taller
  • Cat. 15. Experto/a en exposicións
  • Cat. 34. Especialista de oficios (debuxante)
  • Cat. 36. Experto/a audiovisuais
  • Cat. 37. Técnico/a de son
  • Cat. 43. Encargado/a estrutura escénica. Encargado/a de taller de escenografía. Técnico/a de máquinas do IGAEM
  • Cat. 54. Técnico/a especialista en radioloxía (TER)
  • Cat. 54B. Hixienista dental
  • Cat. 66. Axudante taller. Adxunto/a taller
  • Cat. 71. Oficial/a de primeira xardineiro/a
  • Cat. 94. Técnico/a auxiliar en imaxe e son
  • Cat. 98. Auxiliar de luces
  • Cat. 101. Proxeccionista
  • Cat. 103. Entrevistador/a. Enquisador/a

 

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do grupo B e subgrupo C1 das cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

Corpo administrativo

  • Escala de axentes de inspección. Especialidade consumo
  • Escala de axentes de inspección. Especialidade mobilidade
  • Escala de axentes de inspección. Especialidade vixilancia de estradas

Corpo de axudantes de carácter facultativo

  • Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza. Especialidade patrón
  • Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza. Especialidade mecánico
  • Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza
  • Escala técnica de mantemento de servizos
  • Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade capataz
  • Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade mecánico naval
  • Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade patrón de embarcación
  • Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade guía intérprete de patrimonio natural

Corpo de técnicos de carácter facultativo

  • Escala técnica de delineantes
  • Escala de axentes técnicos en xestión medioambiental
  • Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade animación sociocultural

 

Categorías de persoal laboral do grupo IV das cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

  •  Cat. 7. Garda fluvial. Garda explotación
  • Cat. 20. Conserxe (cando teña ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)
  • Cat. 21. Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría
  • Cat. 24. Xastre/a
  • Cat. 25. Cargador/a. Tremoísta
  • Cat. 31. Legoeiro/a
  • Cat. 32. Operador/codificador datos SDCIF
  • Cat. 34. Axudante de restauración e proxección cinematográfica
  • Cat. 37. Oficial 2ª mecánico máquinas de defensa contra incendios forestais.
  • Cat. 39. Auxiliar de autopsia

 

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo C2 dos cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

Corpo de auxiliares de carácter técnico

  • Escala de gardas de recursos naturais
  • Escala auxiliar de mantemento
  • Escala de auxiliar de laboratorio
  • Escala auxiliar de condución
  • Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade mariñeiro vixilante 

 

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 24/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos.

As persoas aspirantes que teñan que presentar documentación acreditativa dos méritos baremables na fase de concurso a que se refire esta resolución achegarana ao seu expediente persoal electrónico ao cal accederán a través da canle de emprego público de Galicia (Fides) no enderezo https://fides.xunta.gal, seguindo o procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais.

O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa deles, para formular alegacións ou para emendar o estado «acreditación documental incompleta», rematará aos dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...