Novas por contido

No DOG do 12/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

Aproban as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 12/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2023 pola que se nomea como persoal funcionario de carreira, na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019 (DOG número 49, do 11 de marzo).

Nomean persoal funcionario de carreira na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais segundo o disposto na base IV.6 os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

No DOG do 12/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG número 211, do 6 de novembro), pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso dunha aspirante.

No DOG do 12/04/2023 a Valedora do Pobo publica a RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023 pola que se aproba a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial para a formación práctica neste organismo.

Concédelles as dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial para a formación práctica no organismo Valedor do Pobo ás persoas aspirantes que se relacionan no anexo I, por obter a maior puntuación de conformidade cos criterios de valoración fixados na base novena da Resolución do 18 de xaneiro de 2023.

No DOG do 12/04/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023 pola que se convoca o curso monográfico A Lei 40/2015 e o exercicio da competencia administrativa: manual para a desconcentración, delegación, avocación, encomenda e suplencia.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 20 de abril de 2023.

No DOG do 11/04/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG número 249, do 11 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG número 249, do 11 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

No DOG do 10/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 10/04/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG número 249, do 11 de decembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG número 249, do 11 de decembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Fan pública, como anexos a estas resolucións, as baremacións definitivas da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

No DOG do 10/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 30 de marzo de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Política Social e Xuventude.

No DOG do 05/04/2023 a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galiza publica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/ transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte laboral ao da publicación deste anuncio no DOG.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...