Novas por contido

No DOG do 18/01/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2023 pola que se convoca o webinario O emprego público laboral á luz das reformas de 2021.

O prazo para inscribirse estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 23 de xaneiro de 2023.

No DOG do 18/01/2023 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría do Medio Rural.

No DOG do 18/01/2023 publican o DECRETO 225/2022, do 29 de decembro, polo que se modifica o Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos.

No DOG do 17/01/2023 publican o ANUNCIO do 30 de decembro de 2022 polo que se abre o prazo para presentar solicitudes no ano 2023 para o paso á segunda actividade do persoal das categorías de bombeiro/a forestal do Servizo de Defensa contra os Incendios Forestais, derivado do publicado pola Resolución do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellaría de Economía, Emprego e Industria.

O prazo de solicitude será desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o día 31 de xaneiro de 2023, ambos incluídos.

No DOG do 17/01/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Declaran rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial.

No prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no DOG, as persoas aspirantes actuarán do xeito que indican no mesmo.

No DOG do 13/01/2023 o Parlamento de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2023 pola que se procede ao nomeamento, como persoal funcionario de carreira da escala técnica de publicacións do corpo superior, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polo Acordo do 15 de xuño de 2021.

No DOG do 13/01/2023 publican o DECRETO 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría do Medio Rural.

No DOG do 12/01/2023 Agacal publica:

- ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2023 polo que se modifica o Anuncio do 28 de decembro de 2022 polo que se convoca o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de persoal laboral identificada no anexo II do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral de Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza, correspondente ao proceso de estabilización derivada da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.

- ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2023 polo que se modifica o Anuncio do 28 de decembro de 2022 polo que se convoca o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, das prazas de persoal laboral identificadas no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza, correspondente ao proceso de estabilización derivada da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.

Onde di: «O prazo de presentación das solicitudes é de vinte (20) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galiza (DOG)», debe dicir: «O prazo de presentación das solicitudes é de vinte (20) días hábiles, contados desde as 00.00 do día 16 de xaneiro de 2023».

As solicitudes presentadas, con base no Anuncio do 28 de decembro de 2022, ata o día de publicación do presente anuncio consideraranse, para os efectos da súa tramitación, como presentadas o día 16 de xaneiro de 2023.

No DOG do 10/01/2023 publican a RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron este exame correspondente ao segundo exercicio da especialidade de seguridade no traballo, que tivo lugar o día 28.11.2022, do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1 escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.2 da convocatoria.

No DOG do 09/01/2023 publican a RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Outras novas recentes

Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...
Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...
Martes, 04 Agosto 2026

Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural

Máis de 50 compañeiras e compañeiros ven como a Administración lles desconta máis de 1000 euros nas nóminas de xullo.  O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico...