- Detalles
No DOG do 22/02/2022 publican:
- RESOLUCIÓN do 14 febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 10 de febreiro de 2022, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
- RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 10 de febreiro de 2022 pola que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación.
- Detalles
No DOG do 21/02/2022 publican:
- RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.
- RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.
Declaran exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido nestes procesos selectivos.
Declaran finalizada a fase de oposición dos procesos selectivos.
- Detalles
No DOG do 18/02/2022 publican a Resolución do 15 de febreiro do 2022 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 25 de novembro de 2019.
Adxudican e fan públicas as adxudicacións de postos de traballo que se relacionan no anexo II ás persoas que nel se especifican. Esta información atópase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe Concurso de traslados.
Diferen os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no DOG a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.
De acordo co disposto na base IX da convocatoria do concurso de traslados, os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, polo procedemento de libre designación ou por concurso, en que poderá optar entre os dous postos adxudicados.
En aplicación do parágrafo segundo da base I.2.a) da convocatoria do concurso, relativo ás persoas que están obrigadas a participar nel e non obtivesen praza como consecuencia da resolución do concurso, adxudícaselles, de oficio e con carácter definitivo, un posto de traballo correspondente ao seu corpo ou escala de entre aqueles que quedaron vacantes. En consecuencia, adxudícase ás persoas que se relacionan no anexo III o posto de traballo especificado.
- Detalles
No DOG do 18/02/2022 publican a RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019.
Publican as cualificacións do segundo exercicio.
- Detalles
No DOG do 18/02/2022 publican a RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOGa número 21, do 31 de xaneiro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.
Declaran exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro e o segundo exercicios, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral da Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da orde de convocatoria.
Declaran rematada a fase de oposición do proceso selectivo.
- Detalles
No DOG do 18/02/2022 publican:
- RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.
- RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.
- RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.
- RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.
- RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.
Publican como anexo ás resolucións a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso de funcionarización para cada categoría, e propoñen o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
- Detalles
No DOG do 18/02/2022 publican:
- RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG número 188, do 16 de setembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.
- RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.
Publican as cualificacións do terceiro exercicio.
- Detalles
No DOG do 18/02/2022 publican a RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.
De conformidade coa base IV.2, publican como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación obtida e con indicación do seu documento nacional de identidade, e propoñen o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
De acordo co previsto na mesma base, as persoas aspirantes disporán de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base, sen prexuízo das exencións a que se refire a base IV.3 respecto da documentación xa presentada con anterioridade por aqueles que xa teñen a condición de persoal funcionario de carreira da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.
- Detalles
No DOG do 18/02/2022 publican o ACORDO do 10 de febreiro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.
Anulan os acordos anteriores adoptados por este tribunal sobre o segundo exercicio do proceso selectivo.
Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, no portal web da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal
- Detalles
No DOG do 18/02/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2022 pola que se convoca o webinario A Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galiza.
O prazo para inscribirse estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 22 de febreiro de 2022.
