Novas por contido

No DOG do 18/03/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de administración especial, subgrupo C1, do persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Segundo o establecido na base IV.1 das resolucións das convocatorias, publican como anexos ás resolucións a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso de funcionarización para cada categoría e propoñen o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

No DOG do 18/03/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Anulan os acordos anteriores adoptados por estes tribunais sobre o primeiro exercicio dos procesos selectivos na Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 1, do 3 de xaneiro de 2022).

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio dos procesos selectivos no portal web corporativo da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal

As dúas persoas aspirantes que de acordo coas novas puntuacións publicadas incrementan as súas notas e superan o primeiro exercicio do proceso selectivo, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o título equivalente.

No DOG do 18/03/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2022 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galiza e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

No DOG do 17/03/2022 o Consello de Contas de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo da Comisión de Goberno do 1 de marzo de 2022, de convocatoria pública de postos vacantes mediante concurso específico de méritos.

Convocan concurso específico de méritos para a provisión de 7 postos de traballo vacantes no Consello de Contas:

1. Denominación do posto: auditor/a. Nivel: 30. Grupo: A1. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.01.08.

2. Denominación do posto: auditor/a. Nivel: 30. Grupo: A1. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.01.11.

3. Denominación do posto: auditor/a. Nivel: 30. Grupo: A1. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.01.12.

4. Denominación do posto: auditor/a. Nivel: 30. Grupo: A1. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.01.04.

5. Denominación do posto: auditor/a-técnico/a. Nivel: 28. Grupo: A1/A2. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.04.01.

6. Denominación do posto: auditor/a-técnico/a. Nivel: 28. Grupo: A1/A2. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.04.02.

7. Denominación do posto: técnico/a de xestión. Nivel: 25. Grupo: A2/C1. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.06.01.

Poderán participar os/as funcionarios/as de carreira de corpos de Administración xeral ou de Administración especial cunha antigüidade mínima de tres anos, excepto os suspensos en firme durante o tempo de duración desta.

As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica do Consello de Contas (https://consellodecontasgalicia.sedelectronica.gal/) no correspondente trámite habilitado segundo o nivel do posto que se solicite.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no DOG.

No DOG do 17/03/2022 o Consello de Contas de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo da Comisión de Goberno do 1 de marzo de 2022, de nomeamento das persoas que integran a Comisión de Valoración relativa á convocatoria pública mediante concurso específico de méritos de postos vacantes.

No DOG do 17/03/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 27 de marzo de 2022.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/ matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

No DOG do 17/03/2022 publican unha CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 17 de febreiro de 2022 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galiza correspondente á administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e as clasificacións na escala de facultativos (especialidades de medicina, psicoloxía, pedagoxía), escala técnica de facultativos (especialidades de enfermaría, educadores, fisioterapia, traballo social, terapeuta ocupacional), escala de axentes técnicos facultativos (especialidade de educación infantil) e escala de auxiliares de clínica; así como a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza referente ao proceso de funcionarización, aprobada polo Acordo do 24 de xuño de 2021.

No DOG do 14/03/2022 o Parlamento de Galiza publica o ACORDO do 3 de marzo de 2022 polo que se pon fin ao proceso selectivo para o ingreso, mediante oposición libre, nunha praza do corpo de letradas e letrados.

Finaliza o proceso selectivo para o ingreso, mediante oposición libre, nunha praza do corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia e declarao deserto.

No DOG do 14/03/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2022 pola que se convoca o webinario Proposta dun novo modelo de emprego público.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 20 de marzo de 2022.

No DOG do 14/03/2022 publican a RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 10 de marzo de 2022 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Aproban a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo nos termos que se sinalan no anexo a ese acordo, como consecuencia da aprobación do Decreto 1/2022, do 13 de xaneiro, polo que se crea a Delegación Territorial da Xunta de Galiza en Ferrol (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro).

Outras novas recentes

Venres, 24 Abril 2026

Corpos xerais: teñen unha lea monumental coas eleccións de destino e non dan información

Na Comisión de Persoal de 24/04/2026 voltamos a esixir que nos convoquen xa á reunión á que se comprometeron. Na Mesa Xeral do 21/04/2026 comprometéronse a convocarnos a unha xuntanza de carácter técnico para solventar o problema dos actos de elección de destino. Nin nos enviaron datos, nin a listaxe de postos. Non podemos saber cantos postos quedaron vacantes da fase de...
Martes, 28 Abril 2026

A CIG convoca 20 mobilizacións este 1º de Maio pola paz, contra o imperialismo e para reclamar traballo digno e dereitos

A central nacionalista chama a converter o Día Internacional da Clase Traballadora nunha xornada de loita. A CIG convoca 20 mobilizacións noutras tantas localidades neste 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, baixo o lema «Contra o imperialismo, paz e soberanía. Na Galiza, traballo digno e dereitos». A central nacionalista fai un chamado a converter este...
Mércores, 22 Abril 2026

Oferta de Emprego Público 2026 de Administración e entidades instrumentais. Consorcio (MX 21/04/26)

Na Mesa xeral de negociación de persoal empregado público tratouse a Oferta de Emprego Público do ano 2026 para a Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e dos seus entes instrumentais, agás a OEP das escalas sanitarias. Na rolda aberta de intervencións falouse da elección de destino de corpos xerais, de problemas coa formación da EGAP para o persoal do...