Novas por contido

No DOG do 30/01/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica.

- RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica.

- RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

- RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

Amplían o prazo en vinte días hábiles.

No DOG do 30/01/2023 publican a RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Amplían o prazo en en vinte (20) días hábiles.

No DOG do 26/01/2023 publican a RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2023 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.

Conforme o seu resultado, a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2023 comezará por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra V.

No DOG do 26/01/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes.

- RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes.

Amplían o prazo do terceiro exercicio en vinte días hábiles.

No DOG do 26/01/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2023 pola que se convocan cursos para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galiza.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 6 de febreiro de 2023.

No DOG do 25/01/2023 publican a RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro), e pola que se convocan para a elección de destino en prácticas as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro).

Publican como anexo I a relación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

E, a continuación, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo de acceso libre e que, para dar cumprimento á base III da convocatoria, son convocadas á elección de destino en prácticas.

No DOG do 25/01/2023 publican a RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas o 14 de decembro de 2022 ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

Respecto do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, non se presentou ningún aspirante, polo que, segundo o previsto na base I.1 da convocatoria, a praza (1) reservada a este sistema de acceso acumularase ás de acceso libre, computando así un total de 9.

No DOG do 24/01/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2023 pola que se convocan cursos de especialización de conversa en inglés financeiro e da empresa.

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal laboral e persoal funcionario con destino no Igape, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 2 de febreiro de 2023.

No DOG do 23/01/2023 publican a RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as sete persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro).

No prazo máximo de dous (2) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá pórse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

No DOG do 23/01/2023 publican a RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, pola que se dá publicidade a un novo aspirante que superou o proceso selectivo.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...