- Detalles
No DOG do 12/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos sanitarios (Diario Oficial de Galiza número 42, do 4 de marzo), pola que se fan públicas as notas do primeiro exercicio.
Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que realizaron o primeiro exercicio no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
- Detalles
No DOG do 12/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta do 1 de xuño de 2026, polo que se modifica o I Plan de igualdade da Xunta de Galiza.
- Detalles
No DOG do 11/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, pola que se fai pública unha nova relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala técnica de facultativos, especialidade de educador/a social.
- Detalles
No DOG do 11/06/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de inglés marítimo, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 17 de xuño de 2026, en chamamento único ás 14.30 horas, na sala D, situada na planta baixa do edificio administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.
- RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal subalterno, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 233, do 2 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 16 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (Fontiñas).
- RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar os días 15 e 16 de xuño de 2026, nas salas D ou E, segundo se indica no DOG, ambas situadas na planta baixa do Edificio Administrativo de San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.
- Detalles
No DOG do 10/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).
Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas do subgrupo, escala e especialidade a que acceden de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá pórse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
- Detalles
No DOG do 10/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
O detalle da puntuación de cada un dos méritos poderase consultar na canle do emprego publico de Galiza (Fides) accedendo á inscrición no proceso selectivo, no bloque «resultado», que se amosará no momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
No DOG do 09/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/ as, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 231, do 28 de novembro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 16 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, nas aulas 2 e 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).
- Detalles
No DOG do 08/06/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala de facultativos, especialidade de Medicina.
- RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala de facultativos, especialidade de Psicoloxía.
As novas persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
- Detalles
No DOG do 08/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de formación e orientación laboral, convocado mediante a Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 162, do 26 de agosto), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar os días 10, 15 e 17 de xuño de 2026, en chamamento único dos respectivos días, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, segundo o establecido na devandita resolución.
- Detalles
No DOG do 05/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Acórdase publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.