- Detalles
No DOG do 27/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2025 pola que se convoca para a elección de destino definitivo unha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).
Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo, escala e especialidade a que acceden de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
- Detalles
No DOG do 27/05/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2026 pola que se convoca unha actividade formativa para persoal delegado de protección de datos da Xunta de Galiza.
Poderá participar na acción formativa convocada nesta resolución o persoal empregado público nomeado delegado de protección de datos (en diante, DPD) ou cuxo nomeamento estea previsto a curto prazo, destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral, na Administración institucional, así como o persoal empregado público que forme parte do equipo de apoio aos DPD nos ámbitos anteriormente indicados e outro persoal da Amtega con responsabilidades en materia de protección de datos. Os empregados públicos destinatarios desta acción formativa deben atoparse en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria.
O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 14.00 horas do día 3 de xuño de 2026.
- Detalles
No DOG do 26/05/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro).
Nomean persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado por la Resolución do 5 de xullo de 2023, modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024, e que figuran no anexo.
O nomeamento terá efectos, segundo establece a base II.Bis.1 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulado na resolución da Consellaría de Facenda e Administración Pública do 21 de maio de 2026, que será o día 1 de xuño de 2026.
- RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2026 pola que se regula o período de prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de concurso-oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro).
A realización desta formación, en calidade de persoal funcionario en prácticas, non comporta en ningún caso o desempeño dun posto de traballo.
Segundo o disposto na base II.Bis.2 da convocatoria do proceso selectivo, o curso selectivo de formación terá unha parte teórica e unha parte práctica cunha duración de dous (2) meses, que comezará o día 1 de xuño de 2026 e rematará o 31 de xullo de 2026, ambos incluídos.
- Detalles
No DOG do 26/05/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, de dúas novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galiza número 249, do 11 de decembro).
- RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre e de promoción interna convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro).
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
No DOG do 26/05/2026 publican o DECRETO 44/2026, do 18 de maio, polo que se modifica o Decreto 141/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría de Facenda e Administración Pública.
- Detalles
No DOG do 25/05/2026 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO de corrección de erros nas bases da convocatoria do proceso selectivo.
Faise constar que, unha vez publicado o anuncio no DOG núm. 90, do 18 de maio de 2026, detectouse un erro material nas bases da convocatoria do posto seguinte: Un/unha técnico/a superior de investigación en tecnoloxías de computación cuántica. Referencia QATALYZE-26-TSINV1. NRP 6090084.
Considerando que se trata dun erro material, ábrese de novo o prazo de 10 días hábiles para a presentación de solicitudes, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, para que as persoas interesadas poidan presentar a súa candidatura.
- Detalles
No DOG do 25/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026 pola que se convoca para a elección de destino definitivo unha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro).
Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes soamente poderán elixir os postos abertos á escala e especialidade a cal acceden, de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
- Detalles
No DOG do 25/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 231, do 28 de novembro).
As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal
A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
- Detalles
No DOG do 22/05/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 30 de maio de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos da facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
- RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 30 de maio de 2026, ás 15.30 horas, no salón de actos e nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
- RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o 30 de maio de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito, en Santiago de Compostela.
- Detalles
No DOG do 22/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, convocado pola Resolución do 3 de decembro de 2025, e modificado pola Resolución do 23 de decembro de 2026, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar os días 25 e 26 de maio de 2026, en chamamento único dos respectivos días, ás 15.30 horas, na sala D, situada na planta baixa do edificio administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.
