- Detalles
No DOG do 18/05/2026 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se convocan procesos selectivos para cubrir tres (3) prazas de persoal.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
No DOG do 18/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de formación e orientación laboral, convocado mediante a Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 162, do 26 de agosto), pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Publican os resultados do primeiro exercicio no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, os aspirantes que superaron o primeiro exercicio deberán entregar a programación didáctica correspondente ao segundo exercicio o día 4 de xuño de 2026, na sala D situada na planta baixa do Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, entre as 15.30 e as 16.30 horas. A dita programación será recollida polo tribunal e defenderase ante este no momento en que sexa convocado/a para tal efecto, empregando unha copia da programación que se entregou. A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade en que se participa (formación e orientación laboral) e axustarase ao modelo establecido no anexo XIII da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, e deberá conter un mínimo de catro (4) unidades didácticas.
- Detalles
No DOG do 18/05/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro).
- RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro).
- RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro).
- RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro).
As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presen‑ tadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal
A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
- Detalles
No DOG do 15/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupoA1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimopesqueiros, especialidade de navegación marítima, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
No DOG do 15/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade en procesos de cultivo acuícola, pola que se publican os datos dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo.
- Detalles
No DOG do 13/05/2026 a EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A. publica o ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal nas categorías profesionais de enxeñaría de montes, enxeñaría técnica forestal, capataz, xefe/a de brigada, peón/peoa especialista e peón/peoa.
As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita en polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).
- Detalles
No DOG do 13/05/2026 a Valeduría do Pobo publica a RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2026 pola que se convocan dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica nesta institución.
O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
No DOG do 13/05/2026 publican o DECRETO 36/2026, do 4 de maio, polo que se modifica o Estatuto da Axencia Tributaria de Galicia, aprobado polo Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galiza e se aproba o seu estatuto.
- Detalles
No DOG do 12/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX).
- Detalles
No DOG do 12/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2026 pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.
As persoas aspirantes que teñan que presentar documentación acreditativa dos méritos baremables na fase de concurso do proceso selectivo a que se refire esta resolución achegarana ao seu expediente persoal electrónico, ao cal accederán a través da canle do emprego público de Galiza (Fides) no enderezo https://fides.xunta.gal, seguindo o procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais.
O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa deles, para formular alegacións ou para emendar o estado de «acreditación documental incompleta» rematará aos dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.