- Detalles
No DOG do 05/06/2026 a EGAP publica a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de maio de 2026 pola que se convoca a xornada Claves actuais do emprego público no marco da boa administración.
Onde di: «5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata as 23.59 horas do día 15 de xuño de 2026».
Debe dicir: «5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 22 de xuño de 2026».
- Detalles
No DOG do 04/06/2026 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para cubrir un posto de persoal.
Convocan unha praza de investigador/a en mecánica de fluídos aplicada ás enerxías renovables.
O prazo de presentación de solicitudes para este posto será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
No DOG do 04/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 6 de marzo de 2026 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral e procesos sanitarios, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 162, do 26 de agosto).
- Detalles
No DOG do 04/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Publican os resultados do primeiro exercicio.
As persoas aspirantes declaradas aptas deberán entregar a programación didáctica correspondente ao segundo exercicio, na sala E situada na planta baixa do Edificio Administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela, o día 16 de xuño, entre as 15.00 e as 15.30 horas, programación que recollerá na dita sala o tribunal. Consonte o disposto na base II.1.2.10 da convocatoria, con anterioridade á realización da proba, o tribunal publicará os criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio que non estean expresamente establecidos nas bases da convocatoria.
- Detalles
No DOG do 04/06/2026 publican a ORDE do 27 de maio de 2026 pola que se modifica a Orde do 1 de outubro de 2024 pola que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galiza do persoal laboral fixo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Como resultado de sentenzas firmes, debe modificarse a orde de integración no seu anexo I para cumprir os mandatos xudiciais de cada unha das persoas demandantes.
- Detalles
No DOG do 03/06/2026 a SOCIEDADE DE VIVENDA PÚBLICA DE GALIZA, S.A. publica o ANUNCIO polo que se fai pública a resolución do proceso selectivo para a cobertura temporal, mediante o sistema de concurso, do posto de coordinador técnico.
- Detalles
No DOG do 03/06/2026 a Fundación Galiza Europa publica:
- RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2026 pola que se convocan dúas bolsas de formación dirixidas a persoas cun título universitario oficial de grao ou equivalente en Dereito para facilitar a especialización en políticas e dereito da Unión Europea, mediante a realización de prácticas en asuntos comunitarios na oficina da FGE en Bruxelas, Bolsas Galiza Europa (código de procedemento PR770Q).
- EXTRACTO da Resolución do 1 de xuño de 2026 pola que se convocan dúas bolsas de formación dirixidas a persoas cun título universitario oficial de grao ou equivalente en Dereito para facilitar a especialización en políticas e dereito da Unión Europea, mediante a realización de prácticas en asuntos comunitarios na oficina da FGE en Bruxelas, Bolsas Galiza Europa (código de procedemento PR770Q).
O importe total da bolsa distribuirase da seguinte maneira:
– Retribución bruta (pagamento a cada persoa bolseira): 16.500,00 €.
– Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento a cada persoa bolseira): 500 €.
– Seguridade Social: 722,37 € (por cada persoa bolseira).
– Seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica: 99,19 €.
O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
No DOG do 03/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello de la Xunta de Galiza do 25 de maio de 2026 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático xustifícase polas obrigas derivadas do Real decreto 394/2025, do 13 de maio, de traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galiza en materia de ordenación e xestión do litoral, e polo Decreto 50/2025, do 30 de xuño, polo que a Comunidade Autónoma de Galiza asume as funcións e os servizos traspasados pola Administración xeral do Estado en materia de ordenación e xestión do litoral.
Xustifícase tamén polas modificacións derivadas do Decreto 106/2025, do 11 de novembro, polo que se modifica o Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
- Detalles
No DOG do 02/06/2026 a FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE publica o ANUNCIO do 27 de maio de 2026 polo que se convocan procesos selectivos para contratar persoal laboral temporal.
As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galiza, avenida de Galiza, 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).
O prazo de presentación das solicitudes será de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.
- Detalles
No DOG do 01/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de estatística.
En aplicación do establecido na base XI da convocatoria do concurso de traslados, a toma de posesión nos postos adxudicados como consecuencia da resolución deste concurso efectuarase a partir do día seguinte ao do cesamento e iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 12 de setembro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.
O cesamento deberá efectuarse o día 2 de xuño de 2026.