Novas por contido

O DOG do 17 de febreiro recolle unha modificación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas publicadas nos DOG do 5 de xuño, 16 de xullo e 22 de decembro de 2020, respectivamente, dos seguintes procesos selectivos:

  • Ingreso no corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1. Ir á resolución.
  • Ingreso no corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2 (promoción interna). Ir á resolución.
  • Ingreso no corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo. Ir á resolución.

No DOG do 17/02/2021 fan públicas as puntuacións da terceira proba do proceso selectivo para ingresar no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

No DOG do 15/02/2021 publican a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

No DOG do 15/02/2021 publican a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

No DOG do 10/02/2021 publican as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, especialidades:

No DOG do 08/02/2021 fan pública a baremación definitiva da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

No DOG do 04/02/2021 publican a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.

As persoas aspirantes teñen 20 días hábiles para presentaren a documentación prevista na convocatoria.

No DOG do 13/01/2021 publican a Resolución pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso do proceso selectivo por promoción interna á escala de xestión de sistemas de informática.

 

No DOG do 13/01/2021 publican a Resolución pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo da especialidade de enxeñaría técnica en obras públicas.

Outras novas recentes

Luns, 20 Abril 2026

Comité de Seguridade e Saúde Laboral - Política Social (15/04/2026)

O 15 de abril tivemos a xuntanza do CSSL da Consellaría de Política Social e tratamos os asuntos que deseguido se indican: Na Residencia de Maiores das Gándaras veñen trasladando dende hai un tempo que hai un problema de gases na lavandaría. De feito, algunhas das traballadoras acudiron á Mutua por reaccións alérxicas que lles causaron a baixa laboral. Con respecto a isto,...
Venres, 24 Abril 2026

Escala técnica de orientación laboral: previsión de publicación da resolución de adxudicación de destinos

Na comisión de persoal do 24/04/2026, preguntamos en que estado se atopa o proceso de elección de destino da escala técnica de orientación, dado que o día 04/04/2026 se publicou no DOG a convocatoria de elección de destino. A directora xeral anunciou que unha vez revisado todo se publicará nas vindeiras semanas (2 ou 3 semanas como moito).
Venres, 24 Abril 2026

Solicitude de mesa de negociación por vixilancia de estradas

Os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UGT, presentamos o 23 de abril un escrito conxunto no que solicitamos a convocatoria dunha mesa de negociación sobre o persoal da escala de vixilancia de estradas. O obxectivo é establecer medidas que garantan a correcta identificación do persoal empregado público desta escala, así como a dos medios de locomoción que utilizan no...