Novas por contido

No DOG do 21/05/2021 publican diversos acordos en relación co proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, do persoal laboral fixo.

No DOG do 21/05/2021 publican diversos acordos en relación ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

No DOG do 21/05/2021 publican a elevación a definitivas das cualificacións obtidas nas probas tipo test (feitas públicas pola Resolución do 24 de marzo de 2021) do proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira dos subgrupos A2, C1, C2, grupo B e da escala de persoal subalterno da agrupación profesional, do persoal laboral fixo de diversas categorías.

Tamén publican a baremación provisional da fase de concurso. 

No DOG do 21/05/2021 publican as seguintes Resolucións polas que convocan para a elección de destino provisional ás persoas que superaron o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna e cambio de categoría:

- categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba) do grupo IV de persoal laboral fixo, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017

- categoría 14A (bombeiro/a forestal condutor) correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017

- categoría 14 (bombeiro/a forestal) correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017

- categoría 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais) correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017

- categoría 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017

No DOG do 19/05/2021 publican a ampliación do prazo de realización do segundo exercicio, en vinte días hábiles, dos seguintes procesos selectivos:

- escala facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, da Administración especial, subgrupo A1, quenda de acceso libre e promoción interna

- corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial, subgrupo A1, quenda de acceso libre e promoción interna

- categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo

- corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1, quenda de acceso libre

- categoría 006 do grupo I, titulada/o superior psicóloga/o de persoal laboral fixo, do proceso extraordinario de consolidación

- escala de facultativos de servizos sociais, especialidade Psicoloxía, da administración especial (A1), pola quenda de acceso libre e promoción interna

- categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo, do proceso extraordinario de consolidación

- corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social de Administración especial de Administración xeral (subgrupo A2)

No DOG do 18/05/2021 publican a Resolución pola que se establecen as bases e a convocatoria do III Premio empregadas/os públicas/os inovadoras/os. Tamén publican no DOG do 18/05/2021 o extracto da Resolución pola que se establecen as bases.

O prazo de presentación de solicitudes é de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG.

No DOG do 18/05/2021 publican o nomeamento do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, convocado por Orde da Consellaría de Facenda do 22 de abril de 2019.

No DOG do 18/05/2021 publican o nomeamento do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1, escala superior de estatísticas e estatísticos, convocado mediante Orde da Consellaría de Facenda do 22 de abril de 2019.

No DOG do 18/05/2021 a EGAP convoca a xornada A Lei de recuperación da terra agriria de Galiza.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde as 8:00 horas do día seguinte ao da publicación no DOG ata completar as 80 prazas.

No DOG do 12/05/2021 publican a listaxe de aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingresar no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galiza, subgrupo A2, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

O tribunal acordou remitir a listaxe para que a Dirección Xeral da Función Pública nomee funcionarias de carreira ás persoas que constan nela.

Para ser nomeadas funcionarias de carreira deben presentar varios documentos no prazo de 20 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación no DOG.

Outras novas recentes

Xoves, 18 Xuño 2026

EGAP: convocatoria de probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix)

No DOG do 18/06/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2026 pola que se convocan as probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) nos seus niveis de iniciación e intermedio para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, da...
Venres, 12 Xuño 2026

Oposicións análises de laboratorio e enxeñaría de camiños, canais e portos (para MSF 17/06/2026)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que terá lugar o vindeiro mércores 17 de xuño de 2026, coa seguinte orde do día: Proposta de convocatoria de proceso selectivo pola quenda de acceso libre e promoción interna na escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1). Descargar Proposta...
Venres, 12 Xuño 2026

Xuntanza coa SXT de Medio Rural (10/06/2026)

Cobertura de prazas SPIF Din que a día de hoxe a cobertura no servizo e superior ao 90% e que rematarán de cubrir os postos mediante chamamentos que sairán previsiblemente esta semana. Respondemos que sempre imos tarde co tema da cobertura xa que non se trata de ter o dispositivo ao completo en xullo-agosto-setembro, este ano xa tivemos o primeiro GIF en abril, moito antes...