Novas por contido

No DOG do 6/11/2020 publican a Resolución pola que fan pública as puntuacións obtidas das persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso na especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas.

Para presentar alegacións hai un prazo de dez días hábiles.

No DOG do 4/11/2020 publicouse a modificación da data, hora e lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de finanzas.

O exercicio será os días 23 e 30 de novembro, na EGAP.

No DOG do 2 de novembro infórmase da realización dos trámites oportunos para publicar as listaxes de persoas aspirantes, así como persoas exentas, que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

No mesmo DOG publícase tamén o procedemento que se debe seguir para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso deste proceso selectivo. Os méritos que se van baremar na fase de concurso deberán referirse á data de publicación da convocatoria, que foi o 8 de marzo de 2018.

No prazo de dez (10) días hábiles seguintes ao da publicación polo tribunal no DOG das notas do terceiro exercicio da fase de oposición, as persoas aspirantes actuarán conforme ao exposto no citado procedemento.

No DOG do 28 de outubro infórmase da realización dos trámites oportunos para publicar as listaxes de persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral, escala de sistemas e tecnoloxía da información, subgrupo A1.

As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

No DOG do 26/10/2020 fan pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

As persoas aspirantes teñen un prazo de 20 días hábiles para presentar a documentación prevista na convocatoria.

No DOG do 22/10/2020 publican a data, hora e lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de finanzas. 

No DOG do 14 de outubro vén de ser publicada a baremación definitiva da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a, axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

No DOG do 13/10/2020 publican a baremación provisional da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración xeral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG do 11/03/2018).

As persoas interesadas poden presentar reclamación no prazo de dez días dende o seguinte á publicación no DOG.

No DOG do 08/10/2020 anuncian a exposición das listas provisionais de axudas aprobadas e denegadas do FAS-2019 relativas á axuda para a atención de persoas con discapacidade (a única modalidade na que o goberno de Feijoo deixou ao FAS).

O prazo de emenda é de dez días hábiles dende o seguinte ao da publicación no DOG.

No DOG do 07/10/2020 publican o baremo definitivo da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

Nunha segunda Resolución fan pública a relación de aspirantes que superaron o proceso, e dan un prazo de 20 días naturais para presentar a documentación necesaria.

Outras novas recentes

Venres, 24 Abril 2026

Solicitude de mesa de negociación por vixilancia de estradas

Os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UGT, presentamos o 23 de abril un escrito conxunto no que solicitamos a convocatoria dunha mesa de negociación sobre o persoal da escala de vixilancia de estradas. O obxectivo é establecer medidas que garantan a correcta identificación do persoal empregado público desta escala, así como a dos medios de locomoción que utilizan no...
Martes, 28 Abril 2026

A CIG traslada o acto central do 1º de Maio a Lugo en resposta á deriva autoritaria do PP

A central entende que no actual contexto de medre do fascismo non pode quedar impasíbel ante as actitudes golpistas e antidemocráticas. A Confederación Intersindical Galega (CIG) comunica o traslado do seu acto central do Primeiro de Maio á cidade de Lugo en resposta á deriva «autoritaria e golpista» do Partido Popular, que vén de dar un paso máis nas súas actitudes...
Luns, 20 Abril 2026

EGAP: convocatoria do plan de autoformación

No DOG do 20/04/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2026 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de...