Novas por contido

No DOG do 25/11/2025 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir dúas (2) prazas de persoal.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 25/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, pola que se fan públicas as modificacións do baremo definitivo, da relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e da súa orde.

No DOG do 25/11/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025 pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo).

- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025 pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo).

- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025 pola que se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo).

- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025 pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de saúde laboral, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo).

- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025 pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo).

- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025 pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo).

- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025 pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de saúde laboral, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo).

De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 26 de novembro de 2025.

No DOG do 25/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas, convocado por Resolución do 25 de xaneiro de 2024, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

No DOG do 25/11/2025 publican o DECRETO 106/2025, do 11 de novembro, polo que se modifica o Decreto137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático.

No DOG do 21/12/2025 publican a RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2025, dos tribunais nomeados para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 100 do grupo III e na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba física pendente de dúas persoas aspirantes.

No DOG do 21/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de orientación laboral, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), de corrección de erros.

Publican as relacións rectificadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal, en substitución das relacións publicadas con data do 19.9.2025.

No DOG do 20/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 16 de setembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galiza número 182, do 20 de setembro, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do quinto exercicio.

Convócanse para a realización do quinto exercicio o día 27 de novembro, ás 9.00 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano.

No DOG do 20/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de pesca marítima, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 19/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https:// www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

O detalle da puntuación de cada un dos méritos poderase consultar na Canle do emprego publico de Galicia (Fides), accedendo á inscrición no proceso selectivo, no bloque «resultado», que se amosará no momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

Outras novas recentes

Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...
Luns, 03 Agosto 2026

Modificación da RPT de Medio Ambiente e Cambio Climático (29/07/2026)

Nesta xuntanza por parte da CIG solicitamos que o persoal que actualmente non fai quendas poida manter a súa situación até que a praza quede vacante; insistimos na urxencia de abrir a negociación integral das condicións de  traballo da escala de Recursos Naturais e Forestais; e reiteramos a nosa solicitude de abril para abrir unha negociación global sobre quendas, domingos e...
Mércores, 05 Agosto 2026

Xuntanza informativa sobre as eleccións de destino (05/08/26)

Nesta xuntanza comunicáronsenos as datas relevantes de resolucións de adxudicacións de destino, cesamentos, incorporacións, tomas de posesión e outras informacións sobre escolas infantís (A2 e C1), persoal auxiliar coidador, escalas sociosanitarias, e outros asuntos (comisións de servizo, conciliación, adaptacións de postos, prestacións por embarazo e COMEs).
 
Na reunión...