Novas por contido

No DOG do 13/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024, polo que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio.

No DOG do 13/03/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2026 pola que se convocan cursos de formación para persoal de Sociedade Pública de Investimentos de Galiza, S.A., Fundación Cidade da Cultura de Galiza, Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U., Galiza Calidade, S.A.U., Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., Corporación de Servizos Audiovisuais de Galiza e Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

SPI Galicia, FCC, Seaga, XesGaliza, Galiza Calidade, Retegal, CSAG e Sogama indicarán á EGAP o persoal que realizará esta formación que será previamente seleccionado por orde de solicitude ata esgotar a totalidade das prazas ofertadas.

No DOG do 12/03/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 25 de marzo de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas), en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 25 de marzo de 2026, en chamamento único, que se iniciará ás 15.30 horas na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de inglés marítimo, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 25 de marzo de 2026, en chamamento único, que se iniciará ás 15.30 horas na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

No DOG do 12/03/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 2 de marzo de 2026 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude.

- RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 2 de marzo de 2026 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

No DOG do 11/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar, convocado mediante a Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 162, do 26 de agosto), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 24 de marzo de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2, 5-6, 7 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

No DOG do 10/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral e procesos sanitarios, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 162, do 26 de agosto).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 10/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso e a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través do Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas a elas.

No DOG do 10/03/2026 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de xaneiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, na escala de persoal subalterno, pola que se fai pública a relación de novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que o superaron.

No DOG do 09/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, pola que se fai pública a relación de novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que o superaron.

No DOG do 09/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se publica o resultado da proba física pendente dunha persoa aspirante.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...