Novas por contido

No DOG do 23/04/2026 o CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR - FUNDACIÓN CETMAR publica o ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal.

As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de quince (15) días hábiles contada desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

No DOG do 23/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta os resultados obtidos polas persoas aspirantes na proba física.

No DOG do 23/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/ as, especialidade de educación infantil; corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galiza, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de «concurso de traslados». A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

No DOG do 23/04/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 13 de abril de 2026, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 13 de abril de 2026, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

No DOG do 22/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física pack test para o procedemento de elección de destino de determinados postos de traballo do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal.

Ao abeiro do disposto no punto décimo primeiro da Resolución do 13 de abril de 2026, convócanse as persoas aspirantes que no procedemento de elección de destino soliciten unha praza definida na RPT coa observación «R.I.: proba física pack test» para o día 23 de abril de 2026, a partir das 10.00 horas, no estadio municipal Verónica Boquete, de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, Santiago de Compostela, para a realización da proba física, en chamamento único, segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos

No DOG do 22/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal subalterno, convocado mediante a Resolución de 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 233, do 2 de decembro), pola que se lles dá publicidade ás puntuacións do primeiro exercicio.

Publican no portal web corporativo funciónpública.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 22/04/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, da Administración institucional, así como do persoal da Administración de xustiza de Galiza e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das tres universidades públicas galegas.

Convocan as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 28 de abril de 2026.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/ matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

No DOG do 21/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 21/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 9 de maio de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), en Santiago de Compostela.

No DOG do 20/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de expertos/as lingüistas.

Publican as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...