Novas por contido

No DOG do 27/03/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro).

- RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro).

- RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 208, do 28 de outubro).

- RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 208, do 28 de outubro).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 27/03/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

A relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

- RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría agronómica, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Fan pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, como anexo I a esta resolución.

- RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñería técnica agrícola, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Fan pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, como anexo I a esta resolución.

De conformidade co disposto na base IV.2, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación destas resolucións no Diario Oficial de Galiza, para presentar a documentación prevista na citada base.

No DOG do 25/03/2026 a CORPORACIÓN DE SERVIZOS AUDIOVISUAIS DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se fai pública a designación como persoal laboral fixo en diversas categorías e se dá por concluído o proceso selectivo convocado pola Resolución do 30 de novembro de 2023.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral, do 23 de febreiro de 2026, desígnanse persoal laboral fixo, para a formalización do correspondente contrato, as persoas que superaron o proceso de selección e acreditaron estar en posesión dos requisitos necesarios. Coa publicación da resolución na páxina web da Corporación (https://www.crtvg.es/) dáse por concluído o proceso selectivo convocado.

No DOG do 24/03/2026 a FUNDACIÓN GALIZA EUROPA publica o ANUNCIO do 17 de marzo de 2026 polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo para o ingreso no grupo I, nunha praza de asesor/a técnico/a II (604PND05), de persoal laboral fixo.

As bases e a convocatoria están expostas na seguinte ligazón:

https://fundaciongaliciaeuropa.eu/fundacion/transparencia/

No DOG do 24/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, pola que se fai pública a relación de novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que o superaron.

No DOG do 23/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física.

O exercicio terá lugar o día 27 de marzo de 2026, na Academia Galega de Seguridade Pública-Agasp, sita na rúa da Cultura, s/n, 36380 A Estrada (Pontevedra). As tres probas de aptitude física das que consta o exercicio son:

– Primeira proba (subida escala de vento): terá lugar no polideportivo da Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que se iniciará ás 9.30 horas.

– Segunda proba (carreira de 1.000 metros): terá lugar nas pistas de atletismo do Concello da Estrada, situadas na Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que terá lugar ás 11.00 horas.

– Terceira proba (natación): terá lugar na piscina da Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que terá lugar ás 14.00 horas.

No DOG do 23/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza: escalas de arqueoloxía; técnica de restauración; técnica de delineantes; de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos, e auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, convocado pola Resolución do 26 de maio de 2025.

Publican as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/ funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta

No DOG do 23/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza, especialidade de patrón e mecánico, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio.

Terá lugar o día 27 de marzo de 2026, na Academia Galega de Seguridade Pública-Agasp, sita na rúa da Cultura, s/n, 36380 A Estrada (Pontevedra). As tres probas de aptitude física das que consta o exercicio son:

Primeira proba (subida escala de vento): terá lugar no polideportivo da Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que se iniciará ás 9.30 horas.

Segunda proba (carreira de 1.000 metros): terá lugar nas pistas de atletismo do Concello da Estrada, situadas na Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que terá lugar ás 11.00 horas.

Terceira proba (natación): terá lugar na piscina da Academia Galega de Seguridade Pública, en chamamento único que terá lugar ás 14.00 horas.

No DOG do 23/03/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2026 pola que se convocan actividades de formación dirixidas aos profesionais que atenden directa ou indirectamente as vítimas de todas as formas de violencia de xénero dos centros de información á muller de Galiza (CIM); ao persoal do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI); do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (CEMVI); das casas de acollida; das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galiza, así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta e ao persoal das entidades integrantes da Rede galega contra a trata.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 30 de marzo de 2026.

No DOG do 20/03/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 33, bombeiro/a forestal condutor/a motobomba, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso na categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal condutor/a, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, na categoría 14 do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso na categoría 10C do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso na categoría 10B do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 100, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro forestal xefe de brigada, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...