Oposicións escala superior de finanzas: proposta de nomeamento como persoal funcionario en prácticas
- Detalles
No DOG do 14/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.
- Detalles
No DOG do 14/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de formación e orientación laboral, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 162, do 26 de agosto), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 21 de abril de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).
- Detalles
No DOG do 13/04/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.
- RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.
- RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.
- Detalles
No DOG do 13/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de facultativos, especialidade de fisioterapia, subgrupo A2, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso e a orde na relación de aspirantes que o superaron.
- Detalles
No DOG do 13/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 6 de abril de 2026, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galiza.
- Detalles
No DOG do 08/04/2026 a FUNDACIÓN GALIZA EUROPA publica o ANUNCIO do 27 de marzo de 2026 polo que se fai pública a resolución da bolsa concedida ao abeiro da Orde do 1 de setembro de 2025 pola que se autoriza a Fundación Galiza Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou un título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea, bolsas Galiza Europa (código de procedemento PR770N).
- Detalles
No DOG do 08/04/2026 o INSTITUTO TECNOLÓXICO PARA O CONTROL DO MEDIO MARIÑO DE GALIZA publica o ANUNCIO do 31 de marzo de 2026 polo que se fai pública a modificación das bases da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura definitiva de dous postos de analista de laboratorio existentes no cadro de persoal laboral, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, e pola quenda de acceso libre.
- Detalles
No DOG do 08/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026 pola que se modifica a Resolución do 31 de marzo de 2026, pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes técnicos en xestión ambiental, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro) e pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro).
De conformidade co establecido na disposición adicional novena da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza, as prazas correspondentes a escalas a extinguir están excluídas do proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, polo cal as persoas que ocupan tales postos permanecerán neles e as súas prazas non poderán ser obxecto deste acto de elección.
Substitúen o anexo II da Resolución do 31 de marzo de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes técnicos en xestión ambiental, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), polo anexo recollido nesta resolución.
- Detalles
No DOG do 08/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos sanitarios (Diario Oficial de Galiza número 42, do 4 de marzo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 21 de abril, ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita en Santiago de Compostela, na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).
- Detalles
No DOG do 08/04/2026 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 26 de marzo de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.