Novas por contido

Día tras día convócanse no DOG lotes de libres designacións mentres os concursos de traslados se atrasan nas súas previsións máis e máis. A pesar destas numerosas convocatorias son varios os postos de libre designación que se atopan cubertos en comisión de servizos de xeito máis definitivo que provisional.

Cómpre facer fincapé en que o atraso na convocatoria pública destas prazas, ademais de contravir a propia normativa autonómica, crea cadeas de comisións de servizo en postos de niveis inferiores. Estas cadeas impiden a adscrición provisional de decenas de compañeiros e compañeiras que se atopan “a dispor” sen praza asignada.

Por outra banda, de cara aos concursos de traslados quedan outras tantas prazas sen convocar porque se atopan apalancadas, o que reduce o exercicio do dereito á mobilidade do persoal funcionario da Xunta de Galiza. Unha mobilidade que hoxe en día é a única carreira á que pode aspirar dada a negativa da Función Pública a negociar o desenvolvemento dunha auténtica carreira profesional.

No DOG do 03/01/2011 publicouse a Resolución do 3 de xaneiro de 2011 pola que se ordena a publicación da modificación das relacións de postos de traballo dos departamentos da Xunta de Galicia en cumprimento do disposto na Lei de medidas Fiscais e Administrativas. Como consecuencia disto, modifícanse de oficio todas as RPTs con relación á cobertura polo sistema de libre designación dos postos de traballo de xefaturas de servizo ou equivalentes.

Por outra banda, tendo en conta a actual normativa das comisións de servizo (Resolución do 27 de marzo de 2006), en postos de libre designación autorizaranse por un período máximo de 6 meses, sendo requisito imprescindible que a orde da convocatoria estea publicada no DOG ou xustificada a súa remisión.

Xa que logo, a CIG-Autonómica vén de solicitar un listado dos postos de xefatura de servizo ou equivalente que a data a de hoxe seguen vacantes e cubertos en comisión de servizo, razóns da súa demora e expectativa de convocatoria e outra dos postos non vacantes, cubertos igualmente en comisión de servizo.

Este pedimento fundaméntase na defensa do dereito ao posto e a unha mobilidade eficaz de todo o persoal funcionario, así como vixiar o cumprimento da normativa como organización sindical presente nos órganos de negociación da Xunta de Galiza. Un dereito de difícil exercicio dado a escaseza na convocatoria de concursos de traslados e o apalancamento de postos; un dereito, tamén, difícil de vixiar dada a escasa información que ofrece a aplicación de seguimento das comisións de servizo e máis a imposibilidade por parte das organizacións sindicais de ter coñecemento da situación de vacante/non vacante dos postos, e máis desde que esta columna desapareceu dos listados das RPTs.

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...