Despois das primeiras reacións en forma de concentracións máis ou menos expontáneas, o xoves, 12 de xullo, as distintas organizacións da área pública galega xuntáronse para facer unha valoración conxunta e estabelecer un calendario de mobilización de mínimos.
Dia 13 de xullo, de 11:00 a 12:00 horas: concentracións diante dos centros de traballo da Administración Pública de toda Galiza.
Día 19 de xullo, de 11:00 a 12:00 horas: concentracións diante dos centros de traballo da Administración Pública de toda Galiza.
Día 26 de xullo, de 11:00 a 12:00 horas: concentracións diante dos centros de traballo da Administración Pública de toda Galiza.
Día 30 de xullo, ás 19:30 horas: manifestacións comarcais. O mesmo día, pola mañá: reunión das organizacións sindicais para valorar as mobilizacións e estudar a súa continuación.
A CIG-Ensino convoca ao profesorado, na medida en que non hai clase, diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza das súas respectivas cidades.
A Área Pública da CIG (CIG-Ensino, CIG-Administración e CIG.Saúde) chama a sumarse a estas concentracións ante os edificios administrativos, grandes hospitais, xulgados e grandes concellos. Alerta que desde xuño de 2010 e coa decisión de suprimir a paga extra do mes de decembro, os salarios das empregadas e empregados do sector público terán sufrido unha redución dun 20%.
Considera unha indecencia que o PP pretenda que sexan as empregadas e empregados do sector público quen paguen as consecuencias dunha política económica errática, concibida en beneficio exclusivo do poder financeiro para favorecer os intereses dos mercados especulativos.