Novas por contido

O xoves, 6 de setembro, retomáronse as concentracións semanais diante de diferentes centros públicos galegos. Desta volta as mobilizacións estiveron marcadas por dous aspectos: o refluxo vacacional e a nula repercusión da prensa máis centrada, como a Xunta, na propia campaña eleitoral.

Estas concentracións, reflexo da nosa dignidade como empregadas e empregados públicos, van máis aló dunha cuestión da loita contra os despedimentos e a precarización das nosas condicións laborais, que ao final redundan nun peor servizo público. As concentracións, coma as de onte,  son unha  expresión máis  do rechazo sostido no tempo aos ataques contra a cidadanía das reformas políticas de Feijoo e Rajoy: menos dereitos laborais, educación máis cara, peores servizos sanitarios, ínfimos servizos socias e máis impostos. E todo para que? Para sacar da crise á banca afundida na súa propia cobiza.

A Xunta paralizada por eleccións

Estes días os despachos da Xunta ferven recompilando datos e organizando equipos de cara a campaña. Na concentración en San Caetano realizouse unha pequena parodia con este tema. Na mesma concentración, un par de persoas caracterizadas cunhas caretas de Feijoo e Rajoy repartiron entre os asistentes as papeletas eleitorais co logo do PP na que estaban representadas diferentes "correntes" ideolóxicas.

No medio da concentración estaba localizado un retrete cunha caixa na que estaba escrita a palabra VOTE rotulado cunha B en vermello por riba e o logo do PP con dúas tesoiras na que as persoas concentradas ían depositando a papeleta.

Precisamente en San Caetano, e aínda en período de vacacións estival, xuntáronse ao redor de 200 persoas preto da zona do consello da Xunta. Entre os lemas coreados atopamos o “Feijoo, escoita, estamos en loita”, “Mans arriba, esto é un atraco” ou “o noso diñeiro dádesllo aos banqueiros”. Finalmente realizouse unha forte pitada, con gritos de “fóra, fóra” destinados ao presidente do executivo galego.



Ausencia da prensa

Outra das notas foi a case nula cobertura por parte da prensa das concentracións que tiveron lugar ao longo de todo o país. Cómpre recordar que durante todos os xoves do mes de xullo os as concentracións en San Caetano, coincidindo co Consello da Xunta, eran cubertas por varios medios e axencias de prensa. Aínda que pareza que non, astistiron diversos medios ao Consello da Xunta; chegamos a localizar varios coches da radio galega e da TVG. Obviamente diante dos centros públicos onte “non pasou nada” e as traballadoras e traballadores da Xunta acatan o que manda Feijoo como este acata o que manda Rajoy.



Outras novas recentes

Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...