Novas por contido

Para proporcionar elementos de xuízo á sociedade galega ante os vindeiros comicios, e en aras de facilitar a avaliación con obxectividade do desempeño do Goberno do PP na Xunta de Galiza, desde a CIG-Autonómica achegamos unha análise do grao de cumprimento das propostas no programa co que o Partido Popular de Núñez Feijóo concorreu ás eleccións autonómicas de 2009, en relación coas retribucións dos empregados e empregadas públicos:

O PPdeG, para mellorar as condicións de traballo dos empregados públicos comprométese a:

- "Pleno desenvolvemento da Carreira Profesional, tal e como se establece no capítulo II do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), en base a traxectoria profesional dos funcionarios, a súa formación e o seu desempeño no traballo.”  INCUMPRIDO
Resultados acadados:    
Non houbo nin sequera o amago de iniciar esta vía.

-“Incrementar de forma significativa as cantidades destinadas ao Fondo de Acción Social, acadando o antes posible o 1% da masa salarial”. INCUMPRIDO
Resultados acadados:
DOG do 29/05/2009 (FAS 2008)        7.976.855 €        0,40%
DOG do 12/01/2010 (FAS 2009)        8.136.392 €        0,39%
DOG do 09/02/2011 (FAS 2010)        9. 136.392 €        0,43%
DOG do 18/05/2012 (FAS 2011)        2.000.000 €        0,10%

A Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n.º 44, do 02/03/2012) supendiu no seu artigo 3 calquera pagamento en concepto de acción social agás a axuda por persoa con discapacidade, que non poderá ser superior á contía de 180 € mensuais por cada persoa.

-“Establecemento dunha cláusula de revisión salarial para frear a perda retributiva en termos reais”. INCUMPRIDO
Resultados acadados:    
Resulta relevante estudar a evolución salarial dos empregados e empregadas públicos na lexislatura de Feijoo

Ano

IPC Galiza %*

Incremento retribucións %

Perda salarial %

2009

0,90

2,00

1,10

2010

3,10

0,30

-2,80

2010 (redución media)

---

---

-5,00

2011

2,50

0,00

-2,50

2012

3,50**

0,00

-3,50

2012 (Paga Nadal)

---

---

-7,00

2012 (Suba IRPF)

---

---

-2,00

TOTAL



-22,80

*    Fonte: Instituto Galego de Estatística
** Cifra acumulada en setembro de 2012 no Estado

Incluímos os efectos da suba do IRPF para o 2012. Este imposto recae na súa maior parte sobre as rendas salariais e podemos calcular que as fai decrecer nunha media aproximada do 2% para o conxunto do persoal das administracións públicas dadas as súas retribucións.

Tramos e tipos impositivos do IRPF español trala suba de impostos do PP

Tramos da base xeral (en euros)




Antigo tipo

Novo tipo


0 - 17.707

24%

24,75%


17.707 - 33.007

28%

30%


33.007 - 53.407

37%

40%


53.407 - 120.000

43%

47%


120.000 - 175.000

44%

49%


175.000 - 300.000

45%

51%


>300.000

45%

52%


Hai que engadir que o efecto da suba do IVE desde setembro de 2012 trasladarase con toda seguridade a unha suba do IPC aínda maior da que aparece en setembro, mes no que xa provocou un incremento do 0,8 décimas.

Durante o Goberno de Feijóo os empregados e empregadas públicos perdemos case o 50% da diminución do poder adquisitivo que vimos acumulando historicamente.

Se facemos os cálculos do que gañaría un traballador ou traballadora que no 2008 tivese un soldo anual de 19.500€ no caso de ver actualizadas as súas retribucións segundo o IPC, resultarían 21.520,32€, aproximadamente unha cantidade 2.000 euros superior. Porén, os datos reais indíncannos que ese mesmo traballador gañará este ano 17.120,61 € , é dicir, 2.380 € menos do que gañaba hai 4 anos.

2008

19.500

Evolución segundo o IPC

Evolución real

2009


0,9

19.675,50

1,1

19.714,50

2010


3,1

20.285,44

0,3

19.773,64

2010

Desconto medio


20.285,44

-5

18.784,96

2011


2,5

20.792,58

0

18.784,96

2012


3,5

21.520,32

0

18.784,96

2012

Paga extra


21.520,32

-7

17.470,01

2012

Efecto IRPF


21.520,32

-2

17.120,61


- “Establecemento dun plan plurianual de recuperación das perdas históricas de poder adquisitivo por parte dos empregados públicos da Xunta de Galicia. INCUMPRIDO
Resultados acadados:
Non se cumpriu. De feito, como acabamos de ver, profundizouse máis rápido que nunca no deterioro histórico do poder adquisitivo do persoal da Xunta de Galicia.    

- “Establecemento dun Acordo Retributivo e de Condicións de Traballo Xeral para todo aquel persoal adscrito a funcións ou servizos de emerxencia e/ou especiais”. INCUMPRIDO
Resultados acadados:    
Non só non se estableceu ningún Acordo retributivo e de Condicións de Traballo para o persoal adscrito a funcións ou servizos de emerxencia e/ou especiais senón que, mediante a Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n.º 44, do 02/03/2012) procedeuse a modificar unilateralmente as condicións de traballo do persoal a quendas, de tal xeito que neste momento non se aplica ningunha compensación ao persoal que realiza quendas en domingos e festivos. Incrementaron as xornadas efectivas de traballo, diminuíndo os salarios. Os efectos sobre a saúde dos traballadores e a calidade do servizo coñeceranse co tempo, pero en ningún caso serán bós.

- “Organizaremos un sistema eficaz e obxectivo de Promoción Interna”. INCUMPRIDO
Resultados acadados: Ningún

- “Creación do Salario Diferido mediante o financiamento de achegas a plans de pensións de emprego ou similar”. INCUMPRIDO
Resultados acadados:    
Vaia por diante o noso rexeitamento aos plans de pensións, instrumento concibido para atacar ao sistema público. Aínda así, non houbo ningún intento para iniciar esta vía.

- “Efectivo establecemento e desenvolvemento dunha Avaliación do Desempeño, con efectos reais na carreira profesional e percepción de retribucións complementarias que, substituíndo ao actual sistema de produtividade, redunde nun incremento da motivación de todos os empregados públicos para a prestación de servizos de calidade.” INCUMPRIDO
Resultados acadados:  Ningún

Os efectos combinados da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n.º 44, do 02/03/2012) e do Real Decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade veñen a supor o maior atentado nunca realizado contra os dereitos laborais do persoal das Administracións Públicas:

  • Perda de ata o 19, 22 ou 33% das retribucións íntegras dun mes no caso de baixa laboral (dependendo de se se trata da primeira, segunda ou sucesivas baixas)
  • Supresión do Fondo de Acción Social (reducíndoo á axuda por discapacidade)
  • Redución combinada dos días de asuntos propios de 9 a 3 días
  • Desaparición dos días de vacacións e asuntos propios vinculados á antigüidade.
  • Ampliación da xornada laboral efectiva ao desaparecer as compensacións por domingos e festivos.
  • Redución do salario do persoal contratado para os fins de semana.
  • Posibilidade de redución nun terzo da xornada e salario para o persoal interino (sen substitución)
  • Supresión do dereito ao comedor nos centros con ese servizo
  • Diminución drástica dos dereitos sindicais e de representación dos empregados e empregadas públicas


Resumindo: O PP non só non cumpriu ningunha das promesas electorais relativas ás retribucións dos empregados e empregadas públicos que anunciou no programa co que se presentou ás eleccións do 2009, senón que desenvolveu o maior ataque coñecido contra as nosas condicións laborais, retribucións e os nosos dereitos sindicais desde 1978.

Podemos afirmar que o PP utilizou e alentou todos os prexuízos sociais contra os empregados públicos e se valeu deles para desenvolver políticas profundamente antisociais tratando, inutilmente, de protexer os seus intereses electorais. Tamén podemos afirmar que o PP alumeou os piores gobernos e as piores políticas que se teñan desenvolvido nunca contra o persoal empregado nas Administracións Públicas. Podemos, xa que logo, declaralo inimigo dos empregados e empregadas públicos e das súas familias.

Outras novas recentes

Mércores, 18 Decembro 2024

Convocatoria do Consello Reitor da EGAP (26/12/24)

O 17 de decembro recibimos a convocatoria da EGAP para asistir ao Consello Reitor, que este ano se estableceu o 26 de decembro de 2024. Como é habitual na EGAP, a convocatoria non se remite coa documentación a tratar na xuntanza (a secretaria da EGAP indica que se enviará en "datas próximas"), quizais coa expectativa de que a leamos por Noiteboa ou Nadal... Entre os puntos...
Xoves, 19 Decembro 2024

De non vacante a vacante: onde están as miñas vacacións?

Aínda que a administración xeral da Xunta ten personalidade xurídica ÚNICA, hai consellerías que non o queren entender e van por libre. Esta insubmisión dalgunhas consellerías crea problemas coas vacacións xeradas polo persoal temporal e interino das listas cando están cubrindo un posto “non vacante” e son chamados para cubrir un posto vacante e aceptan. É certo que...
Mércores, 18 Decembro 2024

Consellarías de Educación e de Economía van adiante co traspaso forzoso e non negociado de persoal propio, laboral e funcionarial de GAIN

A última hora da xornada laboral do 16 de decembro, dende a dirección da Axencia Galega de Innovación (GAIN) remítesenos o texto oficial do 2º Acordo de traspaso: adscripción de postos con nivel orgánico inferior a sevizo e traspaso de créditos asignados aos servizos traspasado, entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería...