Novas por contido

A CIG vén de presentar alegacións á proposta de Orde de flexibilidade horaria e teletraballo, logo da xuntanza mantida o mércores 25 de setembro.

As alegacións da CIG inciden, entroutros, na configuración da flexibilización como automática e non condicionada ás necesidades do servizo no seu outorgamento, a racionalización do horario fixo de presenza e a prelación en caso de concorrencia de solicitudes, así como a clarificación das competencias da Comisión de Seguimento.

Descargar as alegacións presentadas pola CIG

 

Outras novas recentes

Venres, 28 Novembro 2025

Oferta de emprego 2025 insuficiente, e case sen promoción interna

A Oferta de Emprego Público (OEP) do 2025 quedou aprobada co voto en contra de CIG e CSIF, e abstención de CCOO e UGT. É unha OEP que non resolve as necesidades de relevo do persoal, nin aborda o dereito de promoción interna. A oferta consta de 765 prazas de acceso libre e de 300 de promoción interna separada, xunto con 38 para entes instrumentais. Falta a oferta de persoal...
Martes, 02 Decembro 2025

O mércores 3 de decembro abre o prazo para solicitar a carreira extraordinaria de 2025

👥 QUEN A PODE SOLICITAR? Persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas do persoal funcionario sanitario da Lei 17/89 e doutras Administracións que preste servizos nesta, e dos entes da LOFAXGA 45 a) O persoal laboral que asine o compromiso de participar e superar o proceso de funcionarización Sempre que NON obtivese ningún grao na...
Mércores, 03 Decembro 2025

O acordo salarial estatal 2025-28 é outro pacto de perdas

A CIG rexeita unha nova rebaixa no poder adquisitivo e denuncia a farsa negociadora da Mesa Xeral Consumouse outro pacto salarial pechado en Madrid que mantén a mesma fórmula de sempre: o persoal público continúa perdendo poder adquisitivo mentres os sindicatos estatais avalan acordos por debaixo do IPC. Nada novo: nin recuperación do perdido, nin garantía salarial, nin...