Novas por contido

Os sindicatos plantan á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa da Xunta de Galiza e non acuden á xuntanza do venres 19 sobre a xornada laboral, flexibilidade e teletraballo convocada sen tempo e sen documentación.

As catro organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos de Galicia, CIG, UGT, CCOO e CSIF, acordaron non acudir á xuntanza do venres 19 coa Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa da Xunta na que se ía tratar a Orde pola que se regula a xornada e horario de traballo, a flexibilidade horaria e o teletraballo.

A convocatoria entrou nas nosas contas de correo o día anterior, xoves 18, ás 18 horas, sen documentación (so estamos informados polo resumo do Consello da Xunta e o publicado por algúns medios de comunicación). A semana pasada acaeceu exactamente o mesmo coa Lei do emprego público, convocados sen documentación, dun día para outro, sendo os últimos en ter a información.

As organizacións sindicais esixen un mínimo de respeto e boa fe dos responsables políticos da Administración (a nosa patronal) cos representantes lexítimos dos traballadores e traballadoras.

Non estamos dispostos a perder o tempo acudindo a unha xuntanza na que simplemente nos van facilitar un documento aos únicos que non o teñen, escoitar as xustificacións que nos van soltar e agraciarnos cun prazo para presentar alegacións que nen sequera van molestarse a ler.

Non vamos facilitarlle a foto a quen non garda sequera as apariencias e demandamos unha auténtica negociación, que pasa por que nos faciliten a documentación con tempo abondo para estudala e ser convocados con tempo suficiente para organizarnos. So así poderemos albiscar que existe auténtica vontade por chegar a acordos e respeto polos traballadores e traballadoras e os seus representantes.

Outras novas recentes

Luns, 20 Outubro 2025

Monte queimado e axentes baixo mínimos: a Xunta abandona o control da caza

No ano de maior devastación polos incendios, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non activa as gardas de reforzo e deixa reducida ao 25 % a operatividade do cadro de axentes ambientais A tempada de caza comeza este domingo 19 de outubro nun contexto especialmente delicado para o medio natural galego. Despois dun verán no que arderon milleiros de hectáreas,...
Mércores, 22 Outubro 2025

Aprobadas as convocatorias de promoción interna de corpos xerais, e modificación puntual RPT PS (CP 21/10/25)

Asistimos á Comisión de Persoal do 21/10/25, onde quedaron aprobadas as bases dos procesos selectivos de promoción interna a corpos xerais (A1, A2, C1 e C2). Tamén quedou aprobada unha modificación puntual da RPT de Política Social para executar unha sentenza que afecta a tres postos da escala de Traballo Social. Na rolda aberta de intervencións falouse das prazas “con...
Martes, 21 Outubro 2025

RPT IGVS (para CP 24/10/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou unha xuntanza da Comisión de Persoal para o día 24 de outubro, co seguinte punto da orde do día: Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Instituto Galego da Vivenda e Solo (iGVS) Esta proposto pasou pola Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario (MSF) o pasado...