Novas por contido

Pasou xa máis dun mes desde que rematou o prazo para presentar alegacións ao borrador de instrucións da flexibilidade e teletraballo, que na práctica xa están aplicando as diferentes consellarías.

En todo este tempo só tivemos como novidades oficiais os datos de denegación da flexibilidade (a principios de abril) e máis a organización dun congreso internacional de conciliación da vida persoal, familiar e laboral onde a Xunta sacou peito en temas de conciliación.

Resulta especialmente gravoso, e así llo comentamos ao director de Función Pública, que a Administración estea incumprindo a lei: por un lado a de igualdade no tema da conciliación familiar e por outro a de procedemento administrativo, ao non resolver e comunicar as denegacións ou ao cambiar o sentido do silencio cunha resolución a posteriori. Teñen a obriga de resolver e teñen que executar o sentido do silencio positivo no caso da flexibilidade familiar e teletraballo e demandámoslle que non deixen ás persoas en situación de indefensión.

A realidade é que xa estamos vendo unha aplicación de feito das instrucións de flexibilidade e teletraballo desde o momento que nos achegaran o borrador e a Administración tiña claro por onde ía tirar. Foi entón cando comezaron a desatascar moitas solicitudes de flexibilidade familiar e as de teletraballo.

Os exiguos datos e ocultación das denegacións

Nos últimos datos achegados por Función Pública (de comezos de mes de abril) denegan con carácter xeral as flexibilidades automáticas de todo horario especial, de quendas e máis cando a xente se nega a coller as chaves, ademais duns 4 casos nos que a xefatura territorial esixe presenza antes das 9:00h. Achegan unha listaxe de 26 denegacións de solicitude de flexibilidade automática, todas servizos periféricos (9 Ourense, 8 A Coruña, 5 Pontevedra, 3 Ferrol, 1 Vigo). Insistimos nas alegacións presentadas ás instrucións con relación a estes temas: 1)hai que mirar cada horario especial, non se pode denegar con carácter xeral e 2) non se pode cargar exclusivamente a responsabilidade de abrir ou pechar o centro sobre cada persoal traballador que queira flexibilizar o seu horario.

Non hai máis: nin denegacións de solicitudes de flexibilidade familiar, nin denegación de teletraballo, a pesar de que nos consta que as está habendo. Pola contra, da nota de prensa da Xunta podemos sacar 2 datos novos: aprobáronse 5.539 peticións de flexibilidade horaria, ben sexa na súa modalidade automática ou por conciliación e 28 solicitudes de teletraballo.

E este é todo o apoio á familia que tanto cacarexa o partido que goberna a Xunta e así é como o aplica de portas para adentro: nin sequera é capaz de respectar a lei de igualdade na conciliación familiar e está denegando o teletraballo en casos nos que podería ser aplicable, deixando a súa aplicación nalgo realmente residual sobre os 2000 potenciais postos de traballo.

Outras novas recentes

Mércores, 01 Outubro 2025

Concurso de traslados de enxeñarías, arquitectura e ciencias: apertura do prazo de toma de posesión

No DOG do 01/10/2025 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 9 de xullo de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma...
Martes, 30 Setembro 2025

Campaña de vixilancia da saúde 2025/2026 para persoal non docente de centros de ensino

Aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme ás instrucións deste...
Venres, 03 Outubro 2025

Persoal da Xunta de Galiza reclama unha solución inmediata á parálise dos concursos de traslados (Concentración 30/09/2025)

A CIG demanda unha prelación xusta, axilidade na resolución, máis medios e a duplicidade dos postos bloqueados por medidas xudiciais Traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza concentráronse na mañá do martes 30 de setembro de 2025 diante do edificio administrativo de San Caetano para esixir unha solución inmediata aos concursos de traslados, paralizados dende hai...