Novas por contido

Os servizos xurídicos da CIG gañaron a primeira sentenza que recoñece a unha persoa que é funcionaria interina o dereito a acceder ao grao I da carreira administrativa por medio do réxime extraordinario publicado no DOG do 29 de marzo de 2019 nas mesmas condicións que se recollían para o persoal funcionario de carreira.

Pero os efectos van máis aló do individual e TEÑEN CARÁCTER XERAL, xa que a sentenza declara nulo, por discriminatorio, o artigo 3 da orde pola que se publica o acordo da Xunta con CCOO e UGT de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira e do persoal laboral da Xunta.

Para chegar a esta sentenza o tribunal basease nas sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea e a súa aplicación pola doutrina do Tribunal Supremo español sobre a consideración de discriminación cando se aplican diferentes medidas no trato de persoal temporal respecto do fixo, doutrina na que o Tribunal Supremo xa se pronunciou en sentenzas do proprio ano 2019. A CIG xa o advertiu dende o minuto un sinalando que incluso o Tribunal Supremo se estaba a pronunciar no sentido da non discriminación do persoal interino ou temporal como dixemos aquí ou aquí.

Esta sentenza abre o camiño para que as reclamacións de recoñecemento da carreira administrativa do persoal funcionario interino, que a CIG recomendou para aquelas persoas que o acordo coa Xunta deixou excluídos dese dereito, se vexan recoñecidas.

Pero a Xunta non debe esperar a que a sentenza adquira firmeza, debe sentarse a negociar xa unha modificación do Acordo para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I onde se inclúa a todo o persoal empregado público dentro do seu ámbito subxectivo e se lles recoñeza o grao I con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2019.

E tampouco debe esperar a que saia a sentenza da demanda que con carácter xeral a CIG presentou nese mesmo tribunal e que con toda a probabilidade vai ir no mesmo sentido.

Hai que lembrar que a CIG non asinou o acordo de carreira profesional para o persoal funcionario e laboral porque considerábamos que establecía unha serie de cláusulas inxustas, entre as cales citábamos a grande diferenza entre os grupos altos e baixos no importe anual; inexistencia da concreción de como se cobrarían os seguintes graos e a discriminación respecto do persoal funcionario de carreira do persoal laboral e do persoal interino.

O recoñecemento de que o acordo de carreira profesional da Xunta avalado por CCOO e UGT é ilegal e discriminatorio respecto do persoal interino da a razón á CIG na súa postura de defensa dos intereses de todas as persoas que traballan para a Xunta sen distinción segundo a relación laboral que teñan coa administración.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...