- Detalles
A disposición transitoria 10ª da Lei xeral da Seguridade Social establece o acceso á xubilación parcial anticipada para o persoal laboral que reúna os requisitos de idade, anos de cotización e a celebración simultánea dun contrato de remuda. Para este ano, 2019, xa poderían obter o dereito a este sistema de xubilación aqueles traballadores cunha idade de 61 anos e 8 meses e unha carreira de cotización de 34 anos e 9 meses.
Con esta disposición normativa plenamente en vigor, o pasado mes de febreiro a CIG elevou ao director xeral da Función Pública unha proposta para a celebración dun acordo co Comité Intercentros do persoal laboral, que facilitase este tipo de xubilación de acordo co establecido no art. 215.2 e na disposición transitoria 10ª da referida Lei da Seg. Social. Non houbo resposta formal.
Sen embargo, aproveitando a celebración das mesas xerais de negociación, insistimos neste dereito do persoal laboral e o director manifestou reiteradamente que Función Pública non poría atrancos e promovería a celebración dos consecuentes contratos de remuda; máis aínda, dixo que xa tiña suficiente penalización -de cotización- o que pretendese xubilarse parcialmente e que non sería Función Pública a que imposibilitase este dereito.
A CIG, coñecedora da existencia dos primeiros laborais que xa instaron a súa pretensión de xubilarse parcialmente, constatou que estas comunicacións están paralizadas diante da ausencia de instrucións de Función Pública. A pesares do compromiso expreso do seu director, Función Pública nun alarde de cinismo manifesta o seu incumprimento en aras dun acordo que tamén implique ao persoal funcionario.
As competencias lexislativas reguladoras do acceso á xubilación en calquera das súas formas é do Parlamento do Estado Español e as de desenvolvemento executivo, vía regulamentos, tenas o goberno de Madrid. Nin Xunta nin Parlamento Galego teñen estas competencias.
- Detalles
O xoves 24 de outubro van ser as votacións para formar os comités de empresa de política social de Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
|
Boletín nacional |
Coruña: boletín e candidatura. |
Lugo: boletín e candidatura. |
|
Ourense: boletín e candidatura |
Pontevedra: boletín e candidatura |
- Detalles
O luns 21/10/2019, tivemos unha reunión co director xeral de Orientación e Promoción Laboral para preguntar pola posible contratación de 188 orientadoras/es laborais, tal e como se publica no BOE do día 17 de setembro de 2019.
O director xeral comeza decindo que a información no BOE está mal, xa que o Estado fai as contas por remuneracións básicas e que en Galiza se paga máis, polo que o número de orientadoras/es laborais para os programas que se recollen serán de 141.
O que van a facer é renovar aos 130 orientadoras/es que hai contratados a día de hoxe e contratar a 11 máis.
A distribución destes/as 11 orientadoras/es novas serán: 1 para cada unha das grandes cidades. (A Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) e os outros 4 que faltan non saben aínda como o van a facer.
Estas contratacións serán con cargo aos orzamentos 2020 e faránse, previsiblemente, no mes de XANEIRO DE 2020.
Dende a CIG manifestámoslle que non entendemos como están a levar as políticas activas de emprego, xa que cosideramos que a data de hoxe os postos de orientación laboral xa non son de programas, senón que teñen que ser de estructura, máis cando se propón a creación de a escala de orientación laboral.
Que, xa que estes fondos son finalistas, deben ser destinados a contratar todo o persoal posible e as prazas que xa existen pasar a ser prazas de estructura e incluílas en RPT.
O director xeral dí que esta decisión é cuestión de Función Pública, ao que lle contestamos que a consellería ten que ser a máis interesada e presionar para que se faga así.
Remata dicindo que pasará as nosas demandas á Secretaría Xeral e ao Conselleiro.
- Detalles
Instalación dos parasois
Como punto central deste Comité tratouse o da instalación de parasois na fachada sur do edificio administrativo de Pontevedra.
Hai dous temas sobre os que nos informa o presidente:
- No mes de setembro, finalizouse a colocación dos parasois na torre central do edificio.
- Parte pendente de executar:
Quedan os laterais. Motivo: a primeira licitación quedou deserta e na segunda, debido a que non se podía dilatar moito no tempo xa que a licitación era cos fondos FEDER, ofertouse a 1ª fase (a torre central que ao levar andamios mais altos era a mais complexa de executar e a máis custosa).
Nunha 2ª fase vaise licitar o pendente mediante contratos de obra menor, polo que os prazos redúcense. - Problemas que se detectan:
As persianas teñen dous sensores, un lumínico e outro de vento.
Luminosidade. Hai moitas queixas xa que como non se entende moi ben como funcionan os sensores, e ao estar en fase de probas, ás veces as persianas entran en funcionamento aínda que o día esté anubrado.
O xefe de servizo de mantemento informa de que existen dous sensores lumínicos programados para baixar en determinadas sensibilidades, un ata a terceira planta e outro ata a novena.
Todas as plantas teñen sensores de luminosidade das luces do teito, que en función da escuridade encenden con mais intensidade ou con menos.
Aínda que hai queixas a nivel persoal, son necesarios datos obxectivos de luminosidade, polo que a proposta da CIG, despois de oir ao persoal do servizo de prevención, vanse facer 2 medicións diarias durante un período de tempo coas que poder comprobar si a luminosidade chega a 500 luxes.
Información sobre as pingueiras no Arquivo xeral
A raíz dunha limpeza xeral con auga a presión descubriuse que nun punto onde estaba “resolto” o das pingueiras, entrou auga.
O servizo de mantemento contactou coa empresa construtora do edificio que fixo unha proposta de gasto para facer a reparación. Estamos á espera de que desde Santiago aproben o orzamento.
A raíz desta situación, considerouse pola Xefatura paralizar o acordado no comité anterior de colocar bandexas que recolleran a auga.
Tanto a CIG como CCOO presentamos queixa pola non colocación das bandexas, dado que o acordo era de abril e xa tiveran tempo de telas colocadas antes de agosto, que foi cando descubriron a pingueira.
Implantación do Plan de Acción
O plan de acción trasladouse á Xefatura Territorial e os técnicos informárono desfavorablemente.
Fixeron alegacións ao mesmo diante do servizo de prevención (en Santiago) e están sendo valoradas.
Aínda non hai plan de acción aprobado definitivamente, polo que os prazos de execución aínda non corren.
Dende a CIG preguntamos que técnicos informaron desfavorablemente (non tivemos resposta) e presentamos queixa porque en todo caso podería ser aprobado parcialmente dado que según indicou o presidente no que é de obrigado cumprimento por normativa, están conforme.
Rolda de intervencións
A representante de sanidade pide mellorar a climatización.
A CIG pregunta por:
Comedor: A xefatura considera idónea a ubicación. Hai auga para beber no rexistro e posibilidade de lavar os utensilios que se traian co xantar nos baños.
A CIG propuxo que a Xefatura Territorial baixe durante unha semana a xantar na cafetería, pasando por diante dos administrados co tupper para lavar .
Limpeza: trasladarán a queixa.
- Detalles
A CIG solicita ao conselleiro do Medio Rural e á Dirección Xeral de Defensa do Monte que implante os módulos formativos correspondentes á cualificación profesional SEA596_3 “Coordinador de operacións en incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural” e rural. Estes módulos formativos van dirixidos aos bombeiros/as forestais xefes/as de brigada, axentes forestais e persoal técnico, así coma a todo o persoal do SPIF que xa obtivera o certificado do nivel 2 do SEA 595_2.
Asemade, solicitamos que se retome o proceso negociador do Plan de Formación Plurianual coa Dirección Xeral de Defensa do Monte, que leva parado dende o 15 de marzo de 2019, e sobre o que xa manifestamos en numerosas ocasións que a vía a seguir é a formación correspondente á cualificación profesional SEA595_2 coma formación básica para o persoal do SPIF.
Dende a CIG loitamos e facemos unha aposta clara porque o persoal do SPIF reciba a formación axeitada ao seu encadramento normativo coma servizo de emerxencias no medio natural e rural. Porén, a Xunta segue sen dar a formación demandada aos traballadores e traballadoras que loitan por estar certificados profesionalmente nas súas competencias.
Así os compañeiros e compañeiras da CIG estamos permanentemente facendo iniciativas para obter a mellor formación posíbel e por iso fixemos tamén, hai uns días, unha solicitude dirixida á Academia Galega de Seguridade Pública para que, como organismo competente para a formación dos traballadores do SPIF, convocara os módulos formativos correspondentes ás cualificacións profesionais SEA595_2 e SEA596_3 (da rama profesional de Seguridade e Medio Ambiente).
Dende a CIG seguimos traballando pola formación de calidade como piar básico para lograr que o SPIF sexa un servizo público profesional, versátil, eficaz, estable e seguro.
- Detalles
Á Mesa Xeral celebrada o mércores 16 de outubro levouse a creación de varias escalas de persoal funcionario para o proceso de funcionarización de categorías de persoal laboral. O director xeral de Función Pública comenta que con esta modificación proposta da Lei de emprego público de Galiza (LEPG) está case listo o asunto da creación de escalas para a funcionarización.
Dende a CIG facemos constar o noso malestar pola burla que supón traer esta materia despois de negociala previamente na comisión de seguimento do Acordo de mellora. Tal e como se pode apreciar nos resumos das xuntanzas desa comisión de “seguimento” que fan públicos as organizacións asinantes, nese foro se negociou a modificación da LEPG para crear escalas, a RPT do Consorcio, e materias que son alleas ao acordo. Sobardar as materias do acordo e negociar asuntos propios da mesa xeral é ir contra a boa fe negocial e nos reservamos acudir á vía xudicial para garantir os nosos dereitos como sindicato maioritario.
- Detalles
Achegounos Función Pública os borradores de sete convocatorias de procesos selectivos. Temos ata o día 23 para presentar alegacións.
Tres novas convocatorias:
- Fisioterapia. Descargar.
- Psicólogo/a. Descargar.
- Médico/a. Descargar. (ollo, podería ter un erro no número de prazas)
Segundo borrador unha vez vistas as alegacións dos sindicatos. Contén cambios substanciais, algunha positiva, outras inaceptábeis.
- Educador/a. Descargar.
- Enfermeiro/a. Descargar.
- Terapeuta ocupacional. Descargar.
- Traballo social. Descargar.
Diriximos escrito a Función Pública para saber se teñen pensado xuntarse cos sindicatos (polo menos coa CIG, que con outros seguro que xa o despacharon) ou se pensan liquidar o asunto cumplindo o formalismo da Mesa Xeral. Segundo como fagan, e segundo algun aspecto negativo que está nas bases, esto pode rematar no xulgado.
Se queres podes contactar coa CIG.
- Detalles
A sinatura do Acordo de Concertación entre CCOO, UGT e o goberno do PP ten implicacións tanto nos procesos selectivos que agora xa se están a negociar como os que veñen a continuación. Estás afectado/a tanto se pretendes presentarte por libre como se o que agardabas era o concurso, a promoción interna ou a superior categoría.
Temos enriba da mesa o borrador das bases de convocatoria aos procesos selectivos da escala de técnicos facultativos de servizos sociais (grupo A2), especialidades de traballo social, terapeuta ocupacional, enfermeiro/a e educador/a. Todas elas escalas de persoal funcionario que ata agora son categorías de persoal laboral (grupo II). Pero veñen detrás moitas máis, de todos os grupos.
A primeira consecuencia do que pactou a Xunta con CCOO e UGT é que non haberá concurso de traslados previo. Por tanto, o persoal fixo non vai poder moverse ás prazas vacantes antes da elección de destino do persoal de novo ingreso.
O vixente convenio establece que a promoción interna do persoal laboral ten que ser do 50% das prazas, e que calquera laboral fixo podía presentarse dende calquera grupo co único requisito de ter a titulación. Despois do Acordo de Concertación de Xunta, CCOO e UGT desaparecen os preceptos do convenio e a promoción interna neste caso vai ser do 22%, pero só se vai poder presentar o persoal laboral fixo das categorías de ATS, Educador, Terapeuta Ocupacional e Asistente Social. Todo o demais persoal laboral de calquera grupo e categoría que se esforzou en sacar a titulación, tirou o seu esforzo ao lixo.
- Detalles
Seguimos cunha suba raquítica pactada en Madrid que non axuda a recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos 10 anos, sen xornada de 35 horas, e co resto dos recortes consolidados neste anteproxecto de Orzamentos Xerais.
Na Mesa Xeral celebrada o mércores 16 de outubro o director xeral de Planificación e Orzamentos infórmanos que espera que a suba salarial se sitúe ao redor do 2,2%, o 2% derivado do acordo de Madrid e o 0,2% a maiores tendo en conta os datos do cadro macro do goberno que sitúan o incremento do PIB nun 2,1%, todo isto condicionado a que se habilite isto pola normativa básica estatal.
Intervimos para destacar que neste borrador de anteproxecto seguen consolidados os RECORTES.
A suba do 2,2% parece a todas luces insuficiente. A maiores parece que o Goberno do Estado vai establecer a suba dos empregados públicos no 2% tal e como recolle o II Acordo de mellora asinado en Madrid con CCOO, UGT e CSIF.
No caso de que o incremento do PIB baixe do 2,1% (e xa existen estimacións serias como a de FUNCAS que o baixan do 2%) o Acordo de Madrid implicaría que a suba queda nun ridículo 2%, e non no 2,2% nin por suposto no 3% que alegremente anunciou CCOO. Isto ocorre por condicionar a suba salarial a un incremento do PIB que no mesmo momento de asinar o Acordo tanto o Goberno como CCOO, UGT e CSIF sabían que non se ía a cumprir.
- Detalles
O pasado luns día 14 de outubro participamos na Comisión de Persoal na que se votou o anexo de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais así como varias modificacións de Relacións de Postos de Traballo. Tamén falamos outros asuntos en rogos e preguntas, como o Fondo de Acción Social.
Concurso de traslados de corpos xerais
Informa o DXFP que engadiron 11 prazas vacantes por xubilación recentes, co que serían uns 2150 postos ofertados. Informa tamén que farán un engadido na convocatoria para permitir actualizar as áreas funcionais dos postos (pensando naquelas RPTs que ainda non o teñen actualizado).
A CIG non pode verificar se con eses 11 postos que comunican agora que se incorporan, están a incluir no concurso todas as prazas que nós aseguramos que están vacantes recentes, incluíndo algun falecemento e unha vacante por adxudicación ao seu titular doutro posto mediante libre designación (e publicado en DOG).
Tampouco estamos conformes con que retiren postos por proposta de amortización das consellerías (tiveron tempo para tramitar as amortizacións), pois non sería a primeira vez que finalmente non se amortizan. Para a CIG, moitas veces é unha escusa para manter agochados postos. Seguimos a pedir explicación por un posto que retiran por amortización en AMTEGA pero que o xoves saiu ofertado para ser cuberto en comisión de servizos (incongruente se non é necesario).







