- Detalles
Proceso de formación de acceso dos axentes facultativos ambientais e forestais á nova escala de axentes técnicos en xestión medioambiental.
Despois de anos de espera e negociacións, o día 4 de outubro de 2019 foi asinada unha addenda ao acordo de colaboración de 16 de marzo de 2017 subscrito entre as consellerías de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Medio Rural para nunha oferta específica de ensinanzas do CS de Xestión Forestal e do Medio Natural en réxime para as persoas adultas en modalidade semipresencial e a distancia no CIFP A Granxa e no IES de Arzúa.
Con esta finalidade, ábrese un prazo de solicitudes de matrícula que rematará ás 13 horas do día 14 de outubro de 2019.
As solicitudes realizaranse mediante un formulario web ao que se accede na URL:
http://www.edu.xunta.es/fp/node/15546
Antes de escoller os módulos para os que quere solicitar matrícula, pode consultar a táboa de validacións de módulos mediante unidades de competencia (http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8493) e os itinerarios formativos recomendados.(http://www.edu.xunta.es/fp/itinerarios-adultos)
Para calquera dubida pódese chamar aos telf. 881 997 407-881 997 408 ou facer a consulta no enderezo electrónico: admisión.ciclos@edu.xunta.es
A matrícula final non poderá superar as 1000 horas.
A dirección de abaixo e para acceder a plataforma ca clave e mirar os módulos acreditados.
https://www.edu.xunta.es/acreditacion/ListSolInscricion.do
Estase tamén a negociar ca administración unha convocatoria de acreditación de competencias do CM Aproveitamento e conservación do medio natural para que todo os compañeiros podan acceder o ciclo superior.
- Detalles
Na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos que tivemos o mércores 9 de outubro, discutimos sobre o anexo de postos a ofertar no concurso. Previamente aprobouse unha modificación da RPT de Educación que implica a amortización e a creación de cinco postos que entrarán no concurso.
A postura da CIG é que sexan ofertadas todas as vacantes que non teñan algún tipo de limitación legal ou xudicial. Queixámonos do seguinte:
- Prazas retiradas por proposta de amortización: as consellerías tiveron tempo abondo para amortizar as prazas que consideraran, e non o fixeron. Así que non nos vale que agora digan que van amortizar para retirar prazas do concurso. A maiores, non é a primeira vez que din que van amortizar unha praza e despois non o fan. Moitas veces isto non é máis que unha escusa para agochar prazas no concurso. Rexeitamos esta manobra.
- Prazas recentemente vacantes que non aparecen: como é posíbel que prazas vacantes por xubilación ou falecemento dende fai un mes non entren no concurso xustificando en que non teñen aínda os datos? Están sen mecanizar? Quen sexa responsábel de ter os datos ao día, que se poña as pilas. Pero non aceptamos que unha praza vacante dende fai un mes quede sen ofertar. O colmo é ver como non entra algunha praza que sabemos vacante porque ao seu titular lle deron outra en libre designación; e que o nomeamento sae publicado en DOG.
- Prazas ocupadas por persoal laboral indefinido non fixo: ofertar estas prazas de persoal funcionario ocupadas por persoal laboral con sentenza xudicial de indefinición é meterse nun problema. A ocupación destas prazas no concurso de traslados vai dar lugar a posteriores sentenzas de readmisión e indemnización como xa ocurríu no anterior concurso de traslados de corpos xerais, onde funcionarios/as que concursaron tiveron que saltar da praza por unha reclamación posterior de persoal indefinido con sentencia estimatoria. Este problema tiña que telo resolto Función Pública convocando esas prazas en procesos selectivos para poder liberalas para un concurso de traslados e non o fixo en catro anos. Ofertar agora en concurso esas prazas sen especificar que a toma de posesión do concurso e do proceso selectivo serán coincidentes no tempo, cousa case imposible, nos vai levar a múltiples impugnacións.
Das alegacións ás prazas que faltan feitas pola CIG só admitiron incluir 9 delas. E o venres máis, queren celebrar unha "mesa técnica" para rematar isto. Así que ata o venres non saberemos cando van publicar o concurso no DOG.
Chegados a este punto, o concurso vaise publicar, con máis dun ano de atraso. Todo coa desculpa das múltiples frontes que abríu Función Pública entre xuño do 2018 e mediados do 2019, aínda que a realidade é que non lles interesa. Están máis cómodos facendo "concursos" mediante comisións de servizo.
- Detalles
A Cig-Administración Autonómica en Lugo quere dar a coñecer a tremenda irresponsabilidade dos sindicatos CCOO e CSIF no Comité de Empresa do Persoal Laboral da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Educación.
O pasado 23 de maio celebráronse as eleccións para elixir a representación do persoal laboral da Consellería de Educación na provincia de Lugo. Os resultados deses comicios colocaron a CCOO e CSIF como primeiras forzas dese comité con 6 representantes cada organización, seguidos da CIG con 4 e UGT con 1 delegado/a.
Case 5 meses despois das eleccións, as dúas forzas máis votadas (CCOO e CSIF) seguen a descoidar as súas obrigas e a cumprir co que lles prometeron ao persoal que apostou por esas candidaturas.
- Detalles
Estamos convocados para unha Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos para o mércores 9 de outubro. Os asuntos da Orde do día son:
- Anexo cos postos do concurso de traslados de Administración Xeral. Descargar.
- Proposta de modificación da RPT da consellería de Infraestruturas e Mobilidade (inclúe AXI). Descargar.
- Proposta de modificación da RPT da consellería de Educación, Universidade e Formación Provesional. Descargar.
- Proposta de modificación da RPT da consellería de Política Social. Descargar.
Se queres aportar algo, contacta coa CIG.
- Detalles
A Dirección Xeral de Función Pública achegounos borradores de catro procesos selectivos, con indicación de que nos dan prazo ata o xoves 10 de outubro para presentar alegacións. Se querea achegarnos algo, podes contactar coa CIG. Son os seguintes procesos:
- Ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2). Descargar.
- Ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermería, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2). Descargar.
- Ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2). Descargar.
- Ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2). Descargar.
- Detalles
Na xuntanza “técnica” do martes 1 de outubro para tratar o buzón de postos non se pecharon os asuntos. A convocatoria continúa pendente dos postos e dunha modificación da RPT de Educación que tiña que estar feita fai un ano.
Rematou a xuntanza coa “previsión” dunha nova xuntanza polo buzón de postos e o aviso de que o 16 de outubro (“ou á semana seguinte”) habería unha Mesa Xeral, co que a convocatoria estaría pendente de que a publicasen no DOG a finais de outubro.
Así que xa veremos se finalmente van publicar en outubro este concurso xeral que tiña que estar publicado en setembro do ano pasado.
Función Pública fainos aos sindicatos introducir as alegacións aos postos mediante unha aplicación informática, e resulta que por erro informático ou descoñecemento dalgunhas persoas da propia Función Pública, non accederon ás alegacións que mecanizamos (unicamente revisaron as presentadas en papel). Por tanto, a maioría das alegacións estaban sen atender. En consecuencia, van revisalo e convocaranos a unha nova xuntanza.
- Detalles
A dirección xeral de Función Pública e a secretaría xeral de Igualdade pretenden sacar un documento ás présas saltándose os requisitos que marca a lei para a súa elaboración.
Xa van 12 anos da entrada en vigor da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a Xunta de Galiza segue sen Plan de Igualdade para o seu persoal, a pesar de ser obrigatorio para as empresas e entidades de máis de 250 traballadores.
Arredor de 20.000 persoas empregadas públicas da administración xeral da Xunta de Galiza estarían acollidas por este plan, deixando nunha situación incerta ao persoal de entidades como o IGAPE, o Consorcio, Itmar ou Portos de Galicia, entre outros, xa que a Xunta manifesta que non ten intención de incluílos.
- Detalles
O 30 de setembro de 2019 reúnese en convocatoria ordinaria o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a excepción de UGT e CCOO que non asistiron. Nel tratáronse os seguintes puntos:
1.- Plan de formación do persoal CMTV 2020 dos que destacamos os seguintes que serán obrigatorios, así conta como tempo de traballo e deben facilitarche o transporte.
- Curso de formación sobre riscos específicos do seu posto de traballo (Art 19 LPRL) para todo persoal de campo da consellería.
- Curso de manexo e funcionamento de radios TETRA.
- Formación sobre Plans de Xestión de emerxencias para o persoal de parques naturais.
- Detalles
A CIG ven de solicitar a xuntanza da comisión de seguimento que está recollida no apartado 3.16 do Acordo de condicións especiais de traballo do persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galiza, no V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta. Esta comisión é o órgano encargado de velar polo cumprimento de dito acordo.
Desta forma preténdese activar unha ferramenta básica para a negociación de Epis, mellorar os accesos ás casetas de vixilancia ou a volta ao público das brigadas helitransportadas, por exemplo.
Nesta comisión de seguimento tamén estaba previsto no ano 2008, o estudo da reclasificación do persoal emisorista e bombeiro/a forestal condutor do grupo V ao IV (recollida no artigo 3.20 do devandito acordo), para a súa aplicación no exercicio seguinte. Esta reclasificación aínda esta sen estudar nen implementar.
- Detalles
A Xunta de Galiza pon en risco a saúde da poboación galega pola pésima xestión da sanidade ambiental. A Consellería de Sanidade négase a instaurar un sistema de alertas para controlar e xestionar mellor os brotes hídricos de gastroenterine como o de Corme.
CIG, CCOO, CSIF e UGT denuncian que o brote hídrico de gastroenterite que se ven producindo dende o 26 de setembro en Corme, que afectou a deceas de veciños da localidade, con vómitos e diarreas, foi xestionado incorrectamente polos responsables da Consellería de Sanidade.
Unha vez mais non se entende que un brote de gastroenterite iniciado o sábado 21 de setembro, non se investigase ata o luns 23, expoñendo durante varios días a poboación a riscos para a súa saúde.
Denunciamos que non se adoptaran de xeito inmediato as medidas necesarias para o seu control, nin se recollesen as mostras de auga durante eses días para evaluar a súa orixe, a súa incidencia e a súa evolución.