Novas por contido

Está convocada unha Mesa Xeral de Empregados Públicos para o martes 5 de febreiro, coas seguinte Orde do día:

  • Proposta de convocatoria de concurso de traslados das escalas do Servizo de Gardacostas. Descargar.
  • Proposta de convocatoria do proceso selectivo para o ingreso na escala superior de estatística. Descargar.
  • Proposta de decreto de provisión de postos de traballo. Descargar.
  • Proposta de modificación do decreto de listas 37/2006 (non acompañan documento)

Para contactar coa CIG, preme na seguinte ligazón: contacta coa CIG

Recibimos o primeiro borrador das bases de convocatorias dos procesos selectivos das escalas superior e técnica de seguridade e saúde no traballo, correspondentes ás OEPs dos anos 2016 e 2017.

Curiosidade: na Comisión de Persoal do 4/8/2017, o director xeral de función pública anunciara que estas convocatorias estarían listas no 2018. Así que xa vamos con algo de retraso sobre o cronograma da propia Administración.

Vamos presentar alegacións escritas, así que se queres aportar algo, contacta coa CIG ata o luns 4.

No DOG do 28/01/2019 publican a Orde do 18 de xaneiro de 2019, conxunta das consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Medio Rural, pola que se establece o réxime de prestación de servizos das escalas de axentes forestais e axentes facultativos medioambientais.

Despois de varios meses de negociación, e de realizar varios actos reinvindicativos: manifestacións, roldas de prensa, convocatoria de folga infefinida, consiguese chegar a acordo sobre as condicións de traballo dos axentes forestais/medioambientais. E tras varios meses de espera sae publicada a orde de prestacións de servizos.

Poñemos a túa disposición un boletín informativo sobre o Acordo de concertación do emprego público de Galiza, no que facemos un repaso dos aspectos positivos e negativos deste texto que vai ter un importante impacto sobre o persoal ao servizo da Administración Autonómica.

Entre outros asuntos, falamos: da carreira profesional, retribucións, mellora de emprego e das condicións de traballo, a funcionarización do persoal laboral, as ofertas de emprego, ..

Se despois de lelo tes dúbidas, podes contactar coa CIG.

No DOG do luns 28/01/2019 publican a Orde pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galiza, asinado entre Goberno de Feijoo, CCOO e UGT.

En relación a este acordo, anunciamos as seguintes asambleas programadas pola CIG-Autonómica:

Vigo
- Martes 29/1/19, ás 8:15, no Edificio Admtivo. Vigo. Dirixido ao persoal laboral.
- Mércores 30/1/19, ás 8:15, no Edificio Admtivo.Vigo. Dirixido ao persoal funcionario.
- Xoves 31/1/19, ás 10:00, en ISSGA de Rande. Falaremos tamén da súa RPT.
- Venres 1/2/19, ás 14:00, no Sergas (R/ García Barbón).

Compostela
- Xoves 31/1/19, ás 9:30, no salón de actos de Sanidade, en San Lázaro.
- Xoves 31/1/19, ás 13:30, no salón 2 de San Caetano.

Ourense
- Xoves 31/1/19, ás 11:00, no Salón de actos do Edificio Administrativo de Ourense.

Coruña
- Martes 29 de xaneiro, ás 10:30, no Laboratorio de Medio Ambiente da Coruña.

As liñas fundamentais serían o carácter universal, incluíndo a todas as persoas empregadas públicas no sistema extraordinario, e a redución dos períodos para cobrar o 100% en dous anos nos graos I e II como no SERGAS.

Para isto a CIG presentou un escrito este xoves día 24 solicitando que se convoque a Mesa Xeral de Negociación, xa que o acordo foi votado na Comisión de Persoal e posteriormente foron alterados os contidos ás agachadas, tendo como resultado que o que se asinou non é o que se votou, e que isto privou á CIG do dereito de negociación.

De aí que solicitemos que se devolva o texto a esa Mesa co fin de mellorar o acordo, para o que propoñemos que teñan en conta os seguintes puntos:

  1. Rematar coa discrimación das persoas dos grupos A1 e A2 de funcionarios/as e I e II de persoal laboral cambiando a periodización do sistema extraordinario de carreira profesional. Non é comprensible que haxa que agardar 3 anos para cobrar as cantidades íntegras do grao I e 4 máis para o grao II. A nosa proposta é de 2 anos para cada grao igual que no SERGAS.
  2. Acotar o período para cobrar integramente o grao II dos grupos B, C1, C2 e AP de funcionarios e III, IV e V de persoal laboral a 2 anos, en vez dos 3 que actualmente son, tamén tomando como referencia a carreira profesional do SERGAS.
  3. Aumentar as contías de xeito que non se incremente a brecha salarial entre grupos
  4. Incluir ao persoal interino, temporal, indefinido e ás escalas excluídas da Lei 17 no sistema excepcional e transitorio para os graos I e II, sen que teñan que esperar ata o sexto ano para cobrar, sempre e cando teñan prestados servizos de igual xeito que o persoal funcionario de carreira e laboral fixo.
  5. Non condicionar ao persoal laboral fixo a acollerse á carreira profesional só no caso de funcionarizarse.
  6. Integrar ao persoal laboral de categorías que non son funcionarizables no sistema de carreira profesional, tanto no sistema ordinario como no extraordinario.

Baixo estas premisas a CIG está disposta a renegociar o sistema de carreira profesional, sempre e cando se segregue este acordo do de concertación social e sempre que se corrixan as discriminacións establecidas no acordo actual.

A CIG insta a incluír o dereito  na normativa sobre pensións e nos Presupostos Xerais do Estado

As seccións sindicais da CIG das cinco Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza instamos a presentación dun escrito dirixido ao Presidente do Consello Xeral da Seguridade Social –que foi aprobado polas Xuntas de Persoal- a través do que demandamos o recoñecemento do dereito á xubilación parcial para todas e todos os empregados públicos.

O mércores 23 de xaneiro recibimos documentación e convocatoria tratar unha proposta de modificación da RPT do ISSGA. A convocatoria é para o día 30/01/2019.

Se é do teu interese, estamos a túa disposición para o que nos queras dicir: contactar coa CIG

No “Acordo de concertación do emprego público de Galza” asinado polo goberno de Feijoo e os sindicatos CCOO e UGT, hai unha referencia á xubilación parcial e contrato de relevo, cunha mistura de desleixo para o persoal funcionario e mentira para o persoal laborais.

Para analizalo procede facer unha comparación entre dous textos:

O texto do Acordo asinado por CCOO, UGT e Xunta o 15/01/2019, di o seguinte: “Estudaranse medidas para propor nos supostos de xubilación parcial á Administración xeral do estado tendentes a permitir ou prorrogar o mantemento do Acordo para o acceso á xubilación parcial e contrato de relevo do persoal laboral do convenio colectivo do persoal laboral da Xunta [..]” (Sección primeira, punto oitavo).

O texto dese mesmo Acordo que foi aprobado na Comisión de Persoal do 27/12/2018 co voto favorable de CCOO, UGT e Xunta, dicía algo diferente, moito máis xenérico: “Estudaranse medidas para propor nos supostos de xubilación parcial cara a modificación na normativa estatal”.

O art. 7 do vixente V convenio colectivo único establece taxativamente o procedemento para a provisión de vacantes. A provisión, polo tanto, pode ser:

  1. Definitiva vía concurso de traslados.
  2. Libre designación.
  3. Adxudicación de postos a traballadores declarados en situación de incapacidade permanente total.
  4. Provisión temporal ou provisional: a) Adscrición temporal; b) Contratación de persoal laboral temporal.

O posto de traballo PSC994080036560568 de ATS-DUE con funcións de coordinación no complexo residencial do Meixoeiro está vacante dende hai varios anos e a súa provisión, saltándose a normativa establecida no convenio, foi empregando a figura de “traballos de superior e inferior categoría” regulado polo artigo 15º do V Convenio Colectivo Único. Un dos principios reitores deste artigo é a de responder ás necesidades excepcionais e perentorias e cunha duración mínima imprescindible.

Outras novas recentes

Venres, 17 Outubro 2025

A Xunta impón modificacións da Lei do emprego público de Galiza a través das leis de acompañamento e de orzamentos para o 2026 sen ningun...

Dúas das normas máis relevantes para as persoas empregadas públicas como son a lei de orzamentos e a lei de acompañamento (lei de medidas fiscais e administrativas), o PP despachounas sen dar lugar sequera a unha negociación real. E para isto non nos enviou os textos das leis ata 20 horas antes da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, e para poñer máis...
Luns, 20 Outubro 2025

Monte queimado e axentes baixo mínimos: a Xunta abandona o control da caza

No ano de maior devastación polos incendios, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non activa as gardas de reforzo e deixa reducida ao 25 % a operatividade do cadro de axentes ambientais A tempada de caza comeza este domingo 19 de outubro nun contexto especialmente delicado para o medio natural galego. Despois dun verán no que arderon milleiros de hectáreas,...
Martes, 21 Outubro 2025

A CIG denuncia a situación irregular e clientelar das comisións de servizo na Xunta de Galiza, en especial na Consellaría do Medio Rural

Nos últimos días coñecéronse novos anuncios de comisións de servizo na Consellaría do Medio Rural. Algunhas delas corresponden a prazas que xa foron adxudicadas de forma definitiva o 16 de outubro, e cuxas persoas titulares aínda nin sequera tomaron posesión. O persoal funcionario interino que se atopa ocupando esas prazas non foi cesado. Esta situación non é un feito...