Novas por contido

Publícanse no DOG do 18 de febreiro, 20 bolsas de formación en arquivos para prestar servizos na consellería de Cultura e Turismo. Como outras bolsas anteriormente convocadas (Bibliotecas, Egap, Consumo) o risco das bolsas é converterse en man de obra barata para acometer tarefas técnicas de descrición e organización.

No que levamos de 2020 a Xunta xa se puxo mans á obra para sacar convocatorias de "bolsas de formación" como churros, unha fórmula barata e escravista para obter máis man de obra e poder tirar partido ás súas anchas da desesperación da xente máis nova que non atopa unha oferta de traballo digna neste mercado laboral escaso en oportunidades, e que como recompensa ao seu esforzo se topa con estas marabillas da pseudocontratación, que ademais da escasa remuneración, son incompatibles con calquera outra actividade remunerada.

As "bolsas de formación" convocadas pola Xunta, amais de ser gangas cun escaso gasto de Seguridade Social, son esixentes nos requisitos, onde o obxectivo se centra en recrutar persoas tituladas universitarias, con másters e/ou posgraos, e currículos e expedientes académicos brillantes, con experiencia previa en traballos de investigación e publicacións, para acabar desempeñando tarefas estruturais da propia Administración.

Semella que para algúns responsables da Xunta de Galiza as persoas tituladas galegas non teñen abonda formación con licenciaturas, graos, diplomaturas, DEA, másters, posgraos, doutoramentos etc., e que non son aptos para traballar, e por iso precisan seguir formándose per secula seculorum para adquirir habilidades que non deben ter cabida nun contrato de traballo ordinario...

Algúns dos organismos que seguen a publicar convocatorias, incluso despois de demandas xudiciais, é a EGAP, con bolsas de dereito administrativo ou avaliación da calidade. Hai que engadir tamén ao Instituto Galego de Consumo e da Competencia, con bolsas de consumo; ao Igape, que convoca bolsas de internacionalización; a Política Lingüística, cos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas; ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, con bolsas en distintos proxectos de investigación; ou á Fundación Galicia Europa, con bolsas sobre políticas e programas europeos, ou sobre I+D en colaboración coa Axencia Galega de Innovación. Dende a mesma Consellaría de Cultura e Turismo, tamén se convocan bolsas en materia de arquivos.

Dende a CIG seguimos a denunciar estas prácticas abusivas da Administración, que debería promover ofertas de emprego público todos os anos onde se recollesen un número mínimo de prazas de todas as especialidades, en lugar de seguir investindo na precariedade e perpetuándoa.

A CIG recolle as queixas dos empregados públicos de Ferrol e entende que non é xusto que os cursos presenciais, entre os que se encontran moitos que son esenciais, non se convoquen en Ferrol, cando é así noutras zonas.

A modo de exemplo, no edificio administrativo de Ferrol hai persoal encargado de tarefas que corresponden cos contidos de determinados cursos, e están moi molestos, síntense discriminados con respecto a compañeiros que traballan noutros centros, que o teñen máis fácil para acceder á formación:

Curso FC20017 "Oficina de atención á cidadanía en materia de rexistro", que teñen previsto realizar de forma presencial, de 9 a 14 h. en todos os edificios administrativos da Xunta de Galicia, agás no de Ferrol.

Os funcionarios e funcionarias que realizan atención ao cidadán e á vez teñen asignada a función de rexistro auxiliar, polo tanto, traballan con todos os programas que se van tratar no dito curso, deste xeito non teñen a mesma oportunidade de recibir a formación.

No DOG do venres 21 de febreiro de 2020 publícase a convocatoria de actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galiza para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG). Convócanse 2000 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de oito días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.

O certificado expedido pola EGAP que acredite a superación das actividades formativas deste plan permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

A oferta comprende diversos cursos de bases de datos, follas de cálculo, procesadores de textos e presentacións de LibreOffice e Microsoft Office; internet/intranet e correo electrónico en GNU/Linux e Windows 10. A modalidade de todos eles é teleformación.

Dende CIG- Administración Autonómica de Ourense acabamos de demandar por escrito a delegada territorial da Xunta, Mª Sol Díaz Mouteira, que se proceda a facer medicións das concentracións de gas radon en todos os centros de traballo públicos dependentes desta delegación.

Nas diversas avaliacións de riscos laborais realizadas nos edificios e centros de traballo da Xunta de Galiza no concello de Ourense, unicamente se fixeron control dos factores termohigrométricos.

No DOG Núm. 35 xoves do 20 de febreiro de 2020 publícase unha resolución da EGAP pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 28 de febreiro de 2020.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a unha.

A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartiranse nun 70 % para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; nun 10 % para o persoal das entidades locais; outro 10 % para a Administración de xustiza de Galicia, e o 10 % restante para o PAS das universidades galegas do SUG.

No matadoiro de Macomusa, en Nigrán, prestan servizo dous funcionarios/as da escala de veterinarios/as. Pero Macomusa anunciou o seu peche. Que ten pensado facer Sanidade co persoal funcionario alí destinado?

A Lei do emprego público de Galiza establece o dereito á negociación colectiva e á representación do persoal ao servizo das administracións públicas, e concreta a representación na Xunta de Persoal, órgano unitario de representación do persoal funcionario. A LEPG recoñece unha serie de competencias a este respecto, como son: recibir información sobre a política de persoal, emitir informe sobre o traslado de instalacións ou revisión dos sistemas de organización, etc.

O peche de Macomusa semella ser un feito, pero a Xefatura Territorial de Sanidade en Pontevedra non tivo a ben dirixirse á Xunta de Persoal para informar sobre a situación e negociar as condicións de reubicación do persoal afectado.

A proposta da CIG, a Xunta de Persoal acordou dirixirse a Sanidade para lembrarlles a súa obriga e esixir que cumpran.

No DOG Núm. 34 do mércores 19 de febreiro de 2020 publicaron a resolución do 14 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 27 de febreiro de 2020.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

Podes consultar a listaxe de actividades formativas na convocatoria.

Desde CIG-Administración Autonómica de Ourense reclamamos a construción dun novo edificio administrativo da Xunta na cidade para centralizar todos servizos, que na actualidade está repartidos en máis de 20 dependencias. Instamos o Goberno galego e o Concello a axilizar os trámites dun proxecto que se remonta a 1999 para rematar cunha “discriminación histórica”.

Agora que están a piques de comezar as obras de mellora da eficiencia enerxética no edificio administrativo Xunta na Avenida da Habana 79 aproveitamos para poñer de novo enriba da mesa esta demanda, xa que boa parte dos centros autonómicos da cidade presentan numerosos problemas. 

Na Mesa Xeral do 14 de febreiro, Función Pública traenos un proxecto de Orde para modificar o Anexo do Decreto 165/2019 do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para adquisicion da condicion de persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo .

Agora remiten de novo unha lista de equivalencias sen xustificacion técnica nin argumentacion seguindo o malfacer da elaboracion do decreto. Nesta agrupan e propoñen equivalencias de categorias laborais a funcionariais e seguimos a ver diferencias con categorías dun mesmo grupo que se encadran nunha grupo ou escala diferente de funcionarios/as.

Dende a CIG solicitamos a información completa e xustificada e demandamos unha negociación seria para que non se creen agravios e inxustizas. Dende o principio deste proceso puxamos por un Acordo marco que valore as equivalencias entre categorías e escalas funcionariais, que encadre de ao persoal laboral segundo a sua titulacion de acceso ou reclasificacion laboral e que teña en conta tamen ao persoal funcionario, que defina níveis e salarios e dereitos laborais, a elaboracion previa das RPT e que, ao fin a funcionarizacion non sexa o “SALTO AO VACÍO” que é hoxé, por moito remendo de ultima hora que a Xunta e os seus socios funcionarizadores CCOO e UGT lle queran meter, este novo cambio de cromos non ten sentido .

A maiores disto, Función Pública comenta que:

- As catergorías III-8 e III-67 se funcionarizarán no C1.
- A catergoría V-8 (peon forestal) se funcionarizarán na AP.
- A IV-17 ( almaceneiro) funcionarizase no C2.
- Tamén comenta que non hai ninguén que se funcionarice na categoría de técnicos superiores en centros de arte.
- Van estudar o encadramento no C1 da categoría III-99.

Naquelas categorías como a de interprete de linguaxe de signos onde non hai persoal laboral fixo non as inclúen na orde de equivalencias ainda que eso non evita que se "funcionaricen" as prazas cambiando o réxime xurídico do persoal que as ocupa (funcionario interino) ou optando polo despedimento.

Comentamos que non achegaron memorias económica nin funcional polo que debería haber unha reunión de traballo para explicar os cambios e o porque deles.

O venres 14 de febreiro convocaronnos a unha Comisión de Persoal para a modificación de ordes de convocatorias do persoal biólogo e veterinario

Unha vez mais empregan este órgano para modificar cuestións sen negociacion. Desta vez traen as convocatorias do persoal veterinario e biologo. A Xunta planea desta volta aumentar a valoración dos servizos prestados (queda en 0,20/mes) dos procesos de veterinarios/as. Nesta e na convocatoria de biologos/as aumentan o tempo de realizacion do primeiro exercicio ata os 220 min.

Aínda que esta ultima modificacion é positiva denunciamos un proceso chapuceiro e de negociacion de despachos que fai que cada convocatoria que estan a sacar sexa diferente e incoherente. Na CIG reiteramos a necesidade dun proceso selectivo marco para cada grupo que acabe coas diferencias inxustas.

Por todo isto, aínda que houbo cambios positivos a posición da CIG foi absterse ao non poder darlle un si.

Outras novas recentes

Martes, 04 Agosto 2026

Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural

Máis de 50 compañeiras e compañeiros ven como a Administración lles desconta máis de 1000 euros nas nóminas de xullo.  O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico...
Mércores, 05 Agosto 2026

Xuntanza informativa sobre as eleccións de destino (05/08/26)

Nesta xuntanza comunicáronsenos as datas relevantes de resolucións de adxudicacións de destino, cesamentos, incorporacións, tomas de posesión e outras informacións sobre escolas infantís (A2 e C1), persoal auxiliar coidador, escalas sociosanitarias, e outros asuntos (comisións de servizo, conciliación, adaptacións de postos, prestacións por embarazo e COMEs).
 
Na reunión...
Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...