Novas por contido

A Xunta de Galiza ten contratadas como descontinuas (fixas e temporais) para o servizo de incendios (PLADIGA) a moito persoal. Por exemplo, hai 984 persoas con contrato de cinco meses ao ano e 627 con nove meses.

Si para ter dereito a cobrar prestación de desemprego fai falla traballar 12 meses para cobrar catro, de que viven os meses en que non traballan na Xunta?

No que seguro non lles deixan traballar ao persoal fixo descontinuo é no que saben facer, pois teñen prohibido facelo no sector público (concellos ou empresas públicas como Seaga ou Tracsa), pois a Xunta está a denegar a compatibilidade.

Ante este problema que teñen nos períodos de inactividade, a CIG considera que a Xunta non debe afondar no maltrato ao seu persoal fixo descontinuo. Non é aceptable obrigar a sobrevivir cun contrato que ten en moitas ocasións xornada igual ou inferior á media e sen chegar ao salario mínimo interprofesional en cómputo anual. Así, converten na práctica ao persoal que ocupa postos fixos descontinuos da Xunta a ser empregados públicos escravos e condeados a precariedade.

Plan de formación 2020 da EGAP: Traballar é compatible con formarse, e a formación tamén precisa medidas de conciliación

Na xuntanza do Consello Reitor da EGAP do pasado 19 de decembro de 2019 tratamos o plan de formación 2020 da EGAP. Mentres dende a Escola se nos di que ou ben traballamos, ou ben nos formamos, na súa insistencia de programar formación pola tarde, dende a CIG entendemos que traballar é compatible con formarse, e que hai que respectar o dereito do persoal a formarse no horario laboral e a conciliar.

Ademais, a EGAP segue a programar plans de formación ilegais, que incumpren a Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Volvemos reiterarlle á EGAP que a formación debe contemplar o principio de igualdade entre mulleres e homes e a perspectiva de xénero. A formación é obrigado obxecto de avaliación detallada  para a elaboración e implantación dos necesarios e indispensables plans de igualdade, que garantan que se impida calquera situación de discriminación profesional e desigualdade vinculadas con aspectos de xénero, e estableza mecanismos para o acceso á formación do persoal con necesidades de conciliación. Dende a CIG reiteramos a nosa solicitude e esiximos que se tomen medidas que se anticipen á elaboración e implantación do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, a día de hoxe inexistente.

Na reunión do día 9 de xaneiro a Xunta propón varias modificacións na relación de postos de traballo sen cumprir os compromisos pendentes da anterior como a dotacion de persoal nas oficinas agrarias comarcais e os distritos forestais.

Agora pretenden unicamente corrixir erros puntuais nas prazas, cumplir as sentenzas de indefinición e a suba de niveis de axentes forestais en cumprimento do Acordo de condicions de traballo logo da folga do 2018.

Dende a CIG reiteramos as alegacións de 2019 e demandamos:

  1. Axentes forestais: 20 euros do CE previstos no Acordo para 2020 (ao que acceden xa que manifestan que foi un erro), creacion das prazas BIIF e segunda actividade.
  2. Delineantes e axentes: Barrar ao B en cumprimento LEPG
  3. Persoal técnico distrito: creación prazas e formalización urxente mesa traballo acordada.
  4. Oficinas Agrarias Comarcais: Resultados do estudo de carga e dotacion das prazas necesarias recuperando as amortizadas na anterior modificación. Dende a consellería recoñecen que van tarde e manifestan que ao menos estan a cubrir as vacantes coas listas.
  5. Persoal bombeiro e resto persoal laboral consellería: Coherencia e ampliacion pluses para todo persoal que realiza mesmas funcions, recuperación prazas desaparecidas (vixiante mobil, vixiante fixo…), ampliación tempo fixo descontinuos…
  6. RPT de FOGGA e AGACAL: Manifestan que case as teñen feitas. Solicitamos pluses Abegondo e ampliar cadro persoal.
  7. Concurso ordinario na vez de CE nas prazas xefes/as distrito, habilitado/a…

E moitas máis cuestións que quedaran pendentes de solución. Instamos de novo a Xunta a que se poña as pilas cumpra os compromisos adquiridos e recupere o emprego perdido logo de tantos anos de recortes e harmonice as condicións laborais adecuándoas a realidade e evitando a xudicializacion e individualización das condicións de traballo.

Función Pública achegounos o anexo das prazas e persoas para o proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta. Os sindicatos temos prazo para alegar ás convocatorias de funcionarización ata o 14 de xaneiro.

Recibimos da Dirección Xeral de Función Pública o primeiro borrador do concurso de provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior da escala de veterinarios da Xunta.

Os sindicatos temos prazo de alegacións ata o día 17 de xaneiro, polo que se queres dicirnos algo podes contactar coa CIG antes desa data.

Este concurso é outro dos que leva tempo dando voltas e voltas. A última información que tiñamos é da Mesa Xeral do 18 de decembro do ano pasado: ata ese momento prometeran que teriamos os borradores entre finais de novembro e primeiros de decembro; o día 18 o que nos respostaron foi que enviarían o borrador esa mesma semana.

Pronunciamento das xuntas de persoal dos servizos centrais e dos servizos periféricos das provincias de Ourense e Pontevedra en contra do peche do paritorio e das urxencias pediátricas no hospital de Verín. Aprobados por unanimidade.

Por unha sanidade pública e de calidade en clave de xénero no rural galego.

Ao longo destes últimos anos foron desaparecendo postos de traballo no Hospital Público de Verín en áreas tan importantes como Medicina Interna, Paliativos, Bloque cirúrxico, Traumatoloxía ou Enfermería, chegando incluso a desaparecer servizos como o de Dermatoloxía, e agora o goberno da Xunta insiste no esmorecemento paulatino deste hospital público pechando o Paridoiro e as Urxencias pediátricas.

E van xa máis de dez dende a última entrega desta roupa de traballo para o persoal do servizo público de defensa contra incendios forestais da Xunta de Galiza.

Daquelas, equipárase ao persoal de campo con chaqueta (chuvasqueiro e forro polar) e pantalón de alta calidade (tanto na impermeabilización como na transpiración das prendas). Estabamos aínda nos tempos do bipartito.

Máis de dez anos despois, a choiva e o frío nas épocas de outono e inverno seguen a ser as mesmas, o único que cambiou é que o persoal do SPIF que entrou nestes últimos dez anos non dispón da roupa, e os que o tiñan sufriron o inexorable paso do tempo.

Lembramos que traballamos nun servizo de por si considerado periférico, e que contamos cun plus de penosidade, ambos os factores, recoñecidos pola propia empresa, demostran que andamos ao aire libre sexa cal sexa a estación do ano, e sexan cales sexan as condicións climatolóxicas.

Como non nos cansaremos de repetir, dende o ano 2015, coa entrada en vigor da nova lei de protección civil, somos (o SPIF) un servizo de emerxencias a todos os efectos. Tamén dende o 2016 o persoal de extinción posúe a categoría profesional 5932 bombeiro/a forestal, sendo o apoio a continxencias no medio natural e rural unha das funcións encomendadas a este colectivo.

Falamos logo de actuacións en nevaradas, inundacións...ou mesmo en temporais como os que estamos pasando estes días. É inconcebíbel que para estas tarefas – por máis que dende a Dirección Xeral de Defensa do Monte- non queiran activar o que a propia lei marca, non se equipe ao persoal, dunha vez por todas cos materiais básicos necesarios para poder desenrolar coa maior profesionalidade as tarefas que por lei se nos encomendan.

Por iso dende a CIG esiximos que dunha vez por todas se equipe ao persoal do SPIF con imprescindíbel roupa de inverno.

Decreto de funcionarización

O Decreto de funcionarización foi publicado no DOG do luns 03/01/2020. O borrador do decreto fora aprobado na Comisión de Persoal do 12 de xullo de 2019 (case seis meses antes), co voto favorable de CCOO e UGT; a CIG votara en contra, principalmente porque deixa demasiadas cousas fora (retribucións, procesos selectivos e concurso de traslados previos como persoal laboral..).

O texto final publicado en DOG contén emendas introducidas pola Asesoría Xurídica da Xunta e do Consello Consultivo, de xeito que entre o texto aprobado en Comisión de Persoal e o publicado en DOG hai diferenzas que, pola súa importancia, deberían ter sido novamente negociadas e o documento votado, algo ao que se negou o director xeral de Función Pública, impoñendo por tanto o texto final sen discutilo cos sindicatos.

Resumo dos avances da denuncia presentada ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social co obxetivo de verificar si se cumpre a normativa de Prevención de Riscos Laborais no Servizo de Conservación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

O pasado 20 de decembro as organizacións sindicais fomos citadas ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social nas oficinas da Coruña para tratar os seguintes temas:

 

  • Avaliación de Riscos Laborais para as tarefas de campo na Conservación da Natureza: A Consellería presentou un novo documento no que ainda se esta a traballar para a súa mellora. Este documento foi entregado a todo o persoal que realiza tarefas de campo.

 

  • Protocolo en situación de embarazo o lactación, indicando as traballadoras cal é o procedemento a seguir para comunicar o seu estado coa correspondente obriga da protección da maternidade.

 

  • Entrega de roupa de traballo – EPI: despois de moitos anos loitando pola entrega de roupa de traballo, no orzamento da Xunta para o ano 2020 aparecen 729.690€ máis IVE para a Consellería de Medio Rural e 280.335€ para a de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e unha memoria económico-financeira para os vindeiros anos ata 2023.

 

  • Radios Tetra: a CIG leva dende que se implantou este sistema de radio manifestando que o boton de emerxencias tal e coma esta diseñado non funciona. Dende a consellería comprometéronse a que sexa operativo en breve.

Dende a CIG seguimos a traballar pola seguridade e benestar de todos os traballadores e traballadoras.

Coa entrada en vigor da Lei do sistema nacional de protección civil o 10 de xaneiro de 2016, o servizo público contra incendios forestais da Xunta de Galiza (SPIF) é a todos os efectos un servizo de emerxencias. Pechábase así o círculo debuxado anos atrás polos “visionarios” asinantes do V Convenio colectivo que insistían na necesidade de recoñecer a categoría profesional de bombeiro/a forestal.

Aínda que o contexto legal nos inclúe (nas vidas laborais do persoal do SPIF xa se recolle esta inclusión dentro do ámbito da protección civil), aínda que sexamos un servizo de contrastada experiencia perfectamente distribuído ao longo da xeografía do País con medios materiais e humanos para actuar e/ou minimizar calquer continxencia no medio natural e rural, aínda así, a Xunta decide non activar nin empregar este servizo cando as circunstancias o esixen.

O SPIF é un servizo público ao que apenas habería que reforzar no que ao material se refire para actuar en vendavais, nevaradas , inundacións.. servindo de apoio aos actuais efectivos, pero sen perder de vista o seu principal acometido que é a prevención e extinción de incendios.

Vítima desta obstinación por non aproveitar ao máximo todo o potencial co que conta o SPIF, e tamén a necesaria e obrigatoria formación que dende a consellería do medio rural se nos nega, perfectamente estruturada e recollida no Real decreto 624/2013 do 2 de agosto, e xa presentada pola CIG en sede parlamentar e aos órganos competentes, ademais de ser avalada polo ditame do comite de expertos. Cuns custes irrisorios, tratándose da Administración pública, a formación podería ser afrontada con medios propios e convertiría ao SPIF nunha ferramenta para o rural de vital importancia.

Outras novas recentes

Luns, 03 Agosto 2026

Modificación da RPT de Medio Ambiente e Cambio Climático (29/07/2026)

Nesta xuntanza por parte da CIG solicitamos que o persoal que actualmente non fai quendas poida manter a súa situación até que a praza quede vacante; insistimos na urxencia de abrir a negociación integral das condicións de  traballo da escala de Recursos Naturais e Forestais; e reiteramos a nosa solicitude de abril para abrir unha negociación global sobre quendas, domingos e...
Mércores, 05 Agosto 2026

Xuntanza informativa sobre as eleccións de destino (05/08/26)

Nesta xuntanza comunicáronsenos as datas relevantes de resolucións de adxudicacións de destino, cesamentos, incorporacións, tomas de posesión e outras informacións sobre escolas infantís (A2 e C1), persoal auxiliar coidador, escalas sociosanitarias, e outros asuntos (comisións de servizo, conciliación, adaptacións de postos, prestacións por embarazo e COMEs).
 
Na reunión...
Martes, 04 Agosto 2026

Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural

Máis de 50 compañeiras e compañeiros ven como a Administración lles desconta máis de 1000 euros nas nóminas de xullo.  O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico...