Novas por contido

A CIG esixe a dimisión do xefe Territorial, da xefa de Coordinación Administrativa e do xefe de Orientación e Promoción Profesional.

Dende que “Traballo” caeu baixo o paraugas da consellería de Economía, hai un enorme desinterese e desidia na xefatura territorial de Pontevedra, como amosan os seguintes feitos:

a) Desmantelamento do Centro Integrado de Formación Profesional de Coia. A incapacidade da Xefatura Territorial de proceder á cobertura das vacantes provocou un feito gravísimo que nunca ata o de agora acontecera: a suspensión de cinco cursos de formación pola falta de persoal funcionario que puidese tramitar as matrículas e a selección do alumnado. Situación que podería resolverse co chamamento ás listas de substitución tal como a CIG xa lle esixiu ao xefe territorial cando denunciara a carencia de funcionarios para dar resposta ás competencias deste centro. En contraposición, non tiveron dificultades para contratar cinco gardas de seguridade diarios mediante a contratación dun servizo externo.

b) Non se dota de persoal ás oficinas de emprego nos casos de enfermidade, comisións de servizo, vacantes.. Exemplos: oficina de Navia, da Cañiza, do Porriño, de Caldas de Reis, de Cambados..
Nas oficinas de emprego de Cambados e Caldas de Reis non se intenta chamar de listas para cubrir os postos de Administración Xeral a pesares de que non se ocupan en comisión de servizo unha e outra vez.
A situación da OE de Navia resulta alarmante: dispón de menos persoal e menos xefaturas que outras oficinas comparadas. Non se dotan nin por listas nin por comisión de servizo as vacantes ou as ausencias por comisión de servizos. Este pasado luns houbo que atender a 300 demandantes de emprego nunhas condición de total precariedade.

A recente entrada en vigor do DECRETO 60/2019, do 23 de maio, modificou a puntuación do artigo 9.Baremo do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios/as e á contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Ao abeiro desa modificación, a Administracion mudou con carácter retroactivo a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2018.

Dende a CIG consideramos que non é conforme a dereito o criterio adoptado pola Administración de modificar unilateralmente e con carácter retroactivo a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2018. Entendemos que aínda que se modificase o baremo ata o de agora establecido, tal mudanza non pode afectar aos actos e decisións anteriores ao 11 de xuño do 2019, data da entrada en vigor do novo Decreto 60/2019, e por tanto o baremo de puntuación instituído por medio deste último Decreto entendemos que non é aplicábel para avaliar os servizos prestados no ano 2018.

A CIG dispón dun modelo de recurso de alzada, polo que todas as persoas interesadas en presentalo poden contactar coa CIG.

 

No DOG do 27 de xuño ven de publicarse a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional da primeira fase do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes á escala de saúde pública e administración sanitaria.

As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as, así como as puntuacións provisionais e os destinos provisionais, se é o caso, asignados están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A revisión das reclamacións vai ser en setembro (probablemente na segunda quincena). 

O órgano de representación sindical do persoal funcionario da Xunta na provincia de Pontevedra tratou os seguintes asuntos.

Comisións de servizo: Acordamos dirixir escrito a Función Pública solicitando: 1) Non conceder máis prórrogas ilegais; 2) Negociar criterios obxectivos coa representación sindical.

Escola infantil de Vigo: Para o acceso á escola infantil, a Xunta leva anos puntuando ao persoal da Autoridade Portuaria nas mesmas condicións que o persoal de servizos do Edificio, por unha decisión unilateral, sen negociación nin consulta ás organizacións sindicais. A situación actual é que o espazo é insuficiente, sen posibilidade de ampliación. Así que a Xunta de Persoal acordou propoñer a reubicación da escola nas instalacións da Autoridade Portuaria.

Escola infantil de Pontevedra: Constatamos que tamén existe problemas de espazo, polo que acordamos solicitar unha xuntanza para falar do asunto.

Debido á promoción exterior do Ano Santo do 2021, a Xunta de Galiza prevé unha maior concorrencia de usuarios as oficinas de turismo dependentes da Axencia de Turismo de Galicia.

Na cidade de Ourense, a oficina de turismo está localizada na Casa do Legoeiro ao lado da Ponte Romana.

No DOG núm. 120 do mércores, 26 de xuño de 2019, publican a convocatoria das actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2019 para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O director xeral de Función Pública está a enviar as primeiras resolucións desestimatorias das solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional presentadas polo persoal funcionario interino, laboral temporal ou indefinido, así como do persoal laboral fixo que non quere funcionarizarse.

Contra a resolución desestimatoria, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución desestimatoria.

A CIG dispón dun modelo de recurso de alzada, polo que as persoas interesadas en presentalo poden contactar coa CIG. Unha vez presentado o recurso de alzada, o prazo máximo da administración para ditar e notificar a resolución será de tres meses. Transcurrido este prazo sen que recaiga resolución, poderase entender desestimado o recurso, co que se poría fin á vía administrativa.

O martes 25 de xuño acudimos a unha xuntanza con Función Pública para discutir o "acordo-mix". Falamos tamén dos concursos de traslados, oposicións, RPT de Cultura e do incremento do 0,25% da nómina.

Acordo-mix (preme para información previa)

- Incluíron unha introdución facendo referencia ao II Acordo Goberno-Sindicatos de Madrid e ao Acordo de concertación de emprego. Un brindis a CCOO e UXT para que poidan apuntarse o tanto.

- Acordo primeiro (FAS): Igualan as contías de Fas funcionarios/laborais de a 180 euros ano. No caso de persoas con discapacidade superior ao 75% non se terá en conta os ingresos.

- Acordo segundo (horario de verán): Continúa como estaba no primeiro borrador. O persoal a quendas e con horarios especiais queda fora. Da compensación ao persoal que non poida beneficiarse, nin falamos.

Á Dirección Xeral da Función Pública hai que “tirarlle do aire”, pois como aqueles vellos Seat 124 senón lle tiras do starter van a golpes e ratean. Igual lle pasa a Barreiro que vai a bandazos e presentounos un acordiño con mestura de “todo un pouco” na Mesa Xeral do pasado martes 18 de xuño. Basicamente recolles seis puntos sobre diferentes dereitos a mellorar:

Punto 1. Aumento das contías do Fondo de Acción Social (FAS)

O persoal laboral pode optar a unha axuda no FAS de 180 euros mensuais e o persoal funcionario ten unha contía menor no actual FAS aprobado polo que se incrementa a cantidade dos pagos para igualar ao persoal funcionario e laboral. A equiparación vaise facer entre as anualidades de 2019 e 2020. Recordemos que o FAS só contempla a axuda por discapacidade e maior a cargo.

Traballadores/as concentráronse diante da Xunta de Galiza, para denunciar a súa “nefasta” xestión de persoal

Persoal da Administración Autonómica concentrouse a mañá do mércores 19 diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano para demandar o cese do Director Xeral de Función Pública pola súa "nefasta" xestión; a “chapuza” da funcionarización obrigatoria; as amortizacións de postos e o peche de servizos e exixir a convocatoria inmediata de concursos de traslado; procesos de promoción interna; procesos selectivos e unha verdadeira carreira profesional, consolidada e universal.

A CIG responsabiliza a José María Barreiro de levar máis de 11 anos demostrando unha continuada e manifesta ineptitude na xestión do persoal da Xunta de Galiza. Por iso presentou un escrito formal dirixido ao Presidente da Xunta e outro ao conselleiro de Facenda para que se proceda de inmediato ao seu cese.

Outras novas recentes

Mércores, 05 Agosto 2026

Xuntanza informativa sobre as eleccións de destino (05/08/26)

Nesta xuntanza comunicáronsenos as datas relevantes de resolucións de adxudicacións de destino, cesamentos, incorporacións, tomas de posesión e outras informacións sobre escolas infantís (A2 e C1), persoal auxiliar coidador, escalas sociosanitarias, e outros asuntos (comisións de servizo, conciliación, adaptacións de postos, prestacións por embarazo e COMEs).
 
Na reunión...
Luns, 03 Agosto 2026

Modificación da RPT de Medio Ambiente e Cambio Climático (29/07/2026)

Nesta xuntanza por parte da CIG solicitamos que o persoal que actualmente non fai quendas poida manter a súa situación até que a praza quede vacante; insistimos na urxencia de abrir a negociación integral das condicións de  traballo da escala de Recursos Naturais e Forestais; e reiteramos a nosa solicitude de abril para abrir unha negociación global sobre quendas, domingos e...
Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...