Novas por contido

Boletín Bombeiro forestal. Primavera 2019

  • Modo eleccións "on".
  • Principais accións sindicais da CIG no SPIF nestes catro anos.
  • Plan de formación para o SPDCIF. Acadámolo!
  • Cadernos técnicos: o manexo da auga nos incendios forestais (II).
  • Prevención e demáis.
  • Propostas da CIG cara o vindeiro ciclo.

Xoves 20 de xuño, vota CIG

Candidaturas da CIG ás eleccións sindicais aos comités de empresa do persoal laboral da consellería de Medio Rural en Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. 

En previsión das futuras sentenzas que se produzan, a CIG convida a todo o persoal funcionario e laboral (independentemente do seu actual vínculo fixo/temporal), a solicitar por vía administrativa o complemento de carreira profesional.

O sistema de carreira profesional pactado por CCOO, UGT e Xunta ven a ser unha especie de retribución de sexenios, como xa teñen os docentes. E así como o dereito a cobrar os trienios depende unicamente do tempo traballado (non da relación contractual), o dereito á carreira (ou sexenio), non llo quixeron recoñecer ao persoal funcionario interino, laboral temporal ou indefinido. Tampouco ao persoal laboral fixo que non quera funcionarizarse.

En marzo do 2019 o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado pola CIG contra a Orde do 15/01/2019 do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galiza pactado pola Consellería de Facenda e os sindicatos CCOO e UGT. Ademais están en trámite os recursos contra a Orde do 28/03/2019 do acceso ao grao I do sistema de carreira profesional e a Orde do 08/04/2019 de confección de nóminas.

A CIG busca cos seus recursos unha declaración de anulabilidade ou nulidade parcial das ordes, que permita a extensión do dereito a todo o persoal.

Dado que non é posíbel solicitar o complemento de carreira por vía do aplicativo de xestión establecido pola Xunta de Galiza, reservado só ao persoal funcionario de carreira e ao laboral fixo que se comprometa a funcionarizar, o resto dos colectivos só poderían solicitalo persentando unha instancia no rexistro da Xunta, con copia selada para o interesado/a. A data límite para solicitalo é o 29/07/2019.

Trátase dunha modificación puntual, centrada na D.X. de Xustiza e na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP):

  • Opoñémonos as amortizacións que implican un saldo negativo de perda de 10 postos de traballo, trasladando parte da contía económica para a creación de estrutura. A Administración volve os seus camiños de destruír postos pola base para financiar postos de estrutura.
  • En relación a rpt de AGASP indicóuselles o erro no código A20(10), que procederán a correxir. Van correxir tamén o de XORNADA PARTIDA dunha xefatura de servizo.
  • Solicitamos que quede constancia na necesidade de abrir un proceso negociador económico para os postos de funcionarios que aparecen con XORNADA PARTIDA.
  • Solicitamos que se lle poña o complemento de condución ao subalterno que fai tarefas de condución.
  • Estamos en contra da creación dos postos como "Auxiliar de Arquivos e Bibliotecas", por canto existe unha escala de arquivos de persoal funcionario. Pero a maiores e un absurdo crear nestes intres postos de laborais, cando por parte da Dirección de Función Pública comezouse unha funcionarización destes postos.
  • Solicitamos que o persoal de limpeza dos edificios xudiciais que teñen xornada inferior á ordinaria, se lle incrementen as horas de traballo.
  • Os dous postos de Xefatura de Sección Secretariado do Goberno solicitamos novamente que sexan de CONCURSO.

Se queres trasladarnos algo, podes contactar coa CIG.

Un ano máis, outra vez... chega un clásico: a NON negociación da RPT da AMTEGA. O luns 17 de xuño de 2019, convocounos o xerente da AMTEGA a unha xuntanza o vindeiro día 19 de xuño para tratar outra modificación da súa Relación de Postos de Traballo. Esta modificación é todo un clásico do xerente:

  1. Amortizar catro postos base en canto quedan vacantes: analista-programador/a, enxeñeiro/a de funcións facultativas, técnico/a especialista en informática e operador/a de ordenador.
  2. Crear postos por arriba: neste caso 3 xefaturas de sección.
  3. Abrir a xefatura do departamento xurídico para a súa cobertura por persoal do estado. Descoñecemos a quen queren "colocar" desta vez...

A CIG-Autonómica convoca unha mobilización para denunciar a nefasta xestión de persoal de Función Pública; exixir a convocatoria inmediata de concursos de traslado; a “chapuza” da funcionarización obrigatoria; as amortizacións de postos e o peche de servizos; procesos de promoción interna; axilidade nos procesos selectivos; unha verdadeira carreira profesional, consolidada e universal .. Vai ser este mércores, día 19 de xuño, ás 11:00 horas, diante da consellaría de Presidencia, no edificio administrativo da Xunta en San Caetano.

Queremos a dimisión do actual director xeral de Función Pública. Sobran os motivos. Se estás cabreada ou cabreado, ven a protestar connosco.

A CIG denuncia que Función Pública non convoca os concursos de traslados porque non lle dá a gana, atrasándoos con escusas absurdas (os últimos foron: para persoal laboral en 2011; para administración especial en 2012 e para administración xeral en 2015). Por que se nega a convocar un concurso anual como si hai en ensino?

Ante a falta de concursos, obrigan ao persoal a buscarse a vida mediante comisións de servizo, figura que deixou de ser extraordinaria para converterse na forma ordinaria de moverse o persoal na Xunta, sen criterios obxectivos nen transparencia. Tal é así que en 2018 contabilizaron 984 comisións e 1.301 renovacións, o que dá un total de 2.285, e no que vai de ano 2019 van xa 380 novas máis 760 renovacións, o que dá un total de 1.140. Engadimos que detectamos e denunciamos 414 comisións de servizos ilegais (sen contar as ocultas e cruzadas), que deron xa lugar a recursos administrativos e probablemente acabe en contenciosos.

Na Comisión de Persoal do 17 de xuño de 2019 aprobáronse as RPTs de Medio Ambiente, IGVS e GAIN. A maiores diso, CIG fixo varias preguntas:

Modificación RPT Medio Ambiente: Aprobada cos votos en contra de CIG e CSIF e a abstención de CCOO e UGT.

Modificación RPT IGVS: Aprobada co voto en contra de CIG, a favor de CSIF e a abstención de CCOO e UGT.

Modificación RPT GAIN: Antes de proceder á votación, informa o DXFP que a negociación do cadro de persoal do persoal non integrado será no prazo máximo de 15 días para quedar aprobado antes das vacacións do mes de agosto. En relación á RPT da GAIN, a CIG denuncia de novo que FP pretende aprobala sen ter previamente modificado o decreto de estrutura. Segundo expón o representante da consellería, o decreto de estrutura e a RPT levarana ao Consello Reitor da GAIN o 25 de xuño para ser aprobados ambos antes da publicación no DOG. CIG en contra, CSIF a favor, CCOO e UGT abstención.

Recibimos correo de Función Pública co borrador de prazas a ofertar para a elección de destino do persoal funcionario que superou o proceso selectivo de A1-Biólogo.

Temos prazo de alegacións ata o mércores 19 de xuño, así que se queres dicirnos algo, podes contactar coa CIG canto antes.

O director xeral da Función Pública segue a columpiarse dicindo na última Comisión de Persoal (12/06/2019) que vai alongar todas as comisións de servizo ata que convoque os concursos. Pois a CIG oponse totalmente. Esta maneira chanchulleira e mafiosa de ter á xente anos e anos en comisión contravén o que dí a lei.

Así presentamos un recurso administrativo (que acabará nun contencioso) no que denunciamos unha por unha as 414 comisións de servizo que a día de hoxe superan os dous anos de duración.

Temos detectado os seguintes números de comisións irregulares:

  • Servizos centrais: 171
  • A Coruña: 72
  • Lugo: 62
  • Ourense: 36
  • Pontevedra: 73

E xa non só iso, tan pronto se aprobe o Decreto de provisión de postos imos tamén a impugnalo, pois segue a manter o sistema de concesións das comisións dunha maneira oscurantista, sen procedemento claro nin obxectivo e mantendo moitas casuísticas nas que se poden superar os dous anos.

A CIG defende que sempre que unha praza teña reserva de posto as comisións sexan rotatorias e non na mesma persoa; este é o núcleo do enchufismo desta Administración. A mellor solución: concursos de traslados anuais, en todas as categorías e escalas, como paso intermedio ao concurso permanente.

O venres 14 de xuño tivemos unha xuntanza con Medio Rural polos chamamentos de listas de substitución para prazas de nova creación do servizo de incendios. A información que traslada a consellería é a seguinte:

  • Os chamamentos faranse con comunicación por carta.
  • Todos os chamamentos serán para as 10:00 da mañá, segundo o seguinte calendario:
    • O día 21 de xuño, B.F Xefe/a de brigada.
    • O día 25 de xuño, B.F. condutor.
    • O día 26 de xuño, Bombeiro/a forestal (B.F.).
  • Os chamamentos serán nas xefaturas territoriais, ou no edificio que dispoñan as mesmas por motivos de aforo.
  • So haberá un sitio de chamamento por provincia. En Ourense houbo un erro e na citación electrónica apareceran dous lugares (na citación por carta xa vai corrixido).
  • O certificado médico presentarase no chamamento, non nas probas físicas como se viña facendo de costume.
  • A proba física vaina facer TRAGSA, e será o día 3 de xullo (se non hai cambios de última hora).
  • A previsión de incorporación deste persoal é para canto antes; aínda que non nos puideron apuntar data exacta, prevese que na primeira quincena de xullo.
  • Demos traslado de todas as queixas no referente ao caótico de todo o proceso e da imposibilidade de subsanación de erros nun proceso que está resultando totalmente opaco. Pero como sempre din, alí non era o sitio nin estaban os responsábeis destas cuestións.

Outras novas recentes

Luns, 11 Mai 2026

Comité de Seguridade e Saúde Laboral do Medio Rural (xuntanza do 24/04/2026)

O 24 de abril de 2026 fomos convocadas á xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral (CSSL) da Consellaría do Medio Rural, cun atraso de máis de 3 meses. Nela tratamos as actuacións nos laboratorios de sanidade animal; a avaliación da maquinaria e o acordo da mesa de traballo da roupa de Agacal; as deficiencias das oficinas agrarias comarcais; a planificación...
Venres, 08 Mai 2026

A Consellería do Medio Rural volta aos erros do pasado e crea un reforzo de persoal do SPIF a través de SEAGA

O mércores 06 de maio de 2026 tivo lugar unha xuntanza da Mesa de Diálogo de SEAGA onde se nos informou da creación de 42 brigadas de “reforzo” para o Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). A duración dos contratos sería de 90 días e a súa xustificación viría dada pola falta de recursos en determinados períodos e localizacións. Dende a CIG Autonómica non...
Martes, 12 Mai 2026

Corpos xerais: información complementaria sobre actos de elección de destino e tomas de posesión

Complementado a información que onte difundimos, achegamos máis información sobre os actos de elección de destino e tomas de posesión de corpos xerais. No concurso de traslados adxudicáronse 833 prazas en 1ª fase, 240 en resultas e 2 de oficio. Quedaron sen adxudicar 6 xefaturas de sección e mais ou menos 110 prazas de xefatura de negociado (das que unhas 90 estarían en...