Novas por contido

No DOG do 14/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C2).

No DOG do 14/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www. xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta.

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

No DOG do 14/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador/a social, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo adaptado a unha persoa aspirante.

O primeiro exercicio de oposición terá lugar o 18 de marzo de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas, na sala E, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no Edificio Administrativo da Xunta de Galiza, localizado en San Caetano, Santiago de Compostela.

No DOG do 14/03/2025 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de febreiro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de orientación laboral, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

No DOG do 14/03/2025 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2025 pola que se convoca a conferencia denominada Motivación e prestixio no servizo público.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 23 de marzo de 2025.

No DOG do 14/03/2025 publican o DECRETO 16/2025, do 10 de marzo, polo que se modifica o Decreto 135/2024, do 20 de maio, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galiza.

No DOG do 13/03/2025 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal técnico.

O prazo de presentación de solicitudes para este posto será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 13/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2025 pola que se nombra como persoal funcionario de carreira na escala de auxiliares de clínica do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, tres novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril).

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 13/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2025, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta. gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes con relación ao primeiro exercicio deste proceso.

No DOG do 13/03/2025 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), pola que se fan públicos a data e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

O segundo exercicio da oposición terá lugar o día 26 de marzo de 2025, a partir das 9.00 horas, no estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20 de Santiago de Compostela.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...