Novas por contido

No DOG do 27/06/2024 publican a RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

As persoas aspirantes que teñan que presentar documentación acreditativa dos méritos baremables na fase de concurso a que se refire esta resolución achegarana ao seu expediente persoal electrónico, ao cal accederán a través da canle de emprego público de Galiza (Fides) no enderezo https://fides.xunta.gal, seguindo o procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais.

O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa deles, para formular alegacións ou para emendar o estado «acreditación documental incompleta», rematará aos dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 27/06/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático.

No DOG do 26/06/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 3 de xullo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid 2-4, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (Diario Oficial de Galiza do 7 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 3 de xullo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid 2-4, en Santiago de Compostela.

No DOG do 25/06/2024 publican o ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se publica a anulación da sección segunda do Acordo de concertación do emprego público de Galiza (Orde do 15 de xaneiro de 2019).

No DOG do 25/06/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Categorías de persoal laboral do grupo II das cales se publica o baremo provisional:

Cat. 3. Estimulador/a. Psicomotricista.

Cat. 4. Mestre/a instrutor. Instrutor/a. Mestre/a taller da C. de Educación FP. Monitor/a de actividades docentes. Monitor/a (titulado/a medio/a)

Cat. 5. Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas.

Cat. 6. Educador/a. Profesor/a especial.

Cat. 9. Axudante/a de desenvolvemento rural.

Cat. 35. Pianista

Cat. 39 Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais.

 

- RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, pola que se se fai pública a baremación provisional da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A2 en que se publica o baremo provisional

Corpo de xestión

Corpo de xestión da Administración xeral

Escala de inspectoras e inspectores de consumo

Corpo facultativo de grao medio

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica en topografía

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade de servizos ao buque

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade de máquinas e produción

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade de traballos técnicos de mergullo

Escala de axentes de extensión pesqueira

Escala de subinspección urbanística

Escala técnica de facultativos. Especialidade de fisioterapia

Escala técnica de facultativos. Especialidade de terapia ocupacional

Escala técnica de facultativos. Especialidade de educador social

Escala técnica de facultativos. Especialidade de educador infantil

Escala técnica de restauración. Especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

No DOG do 25/06/2024 publican a RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2).

No DOG do 25/06/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, da mesma data, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da extinta Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

- RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, da mesma data, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galiza.

No DOG do 24/06/2024 Augas de Galiza publica:

- RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2024 pola que se aproban e fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe/a de sección; na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a; e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a.

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, convocado pola Resolución do 28 de decembro de 2022.

No DOG do 21/06/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Fan pública, como anexos a estas resolucións, as baremacións provisionais da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 das convocatorias.

No DOG do 21/06/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza, titulado/a superior lingüista, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023, pola que se fan públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes no segundo exercicio.

- RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de fisioterapia, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican os resultados do segundo exercicio.

Outras novas recentes

Venres, 24 Abril 2026

A CIG anima ás compañeiras da plataforma a seguir na loita pola dignificación da educación de 0 a 3 anos

Dende hai anos, a CIG sempre se posicionou a favor de todo tipo de accións e mobilizacións para conseguir melloras nas condicións laborais do persoal que traballa nas escolas infantís e tamén, consecuentemente, pola calidade do servizo público que se presta. Nos últimos tempos, e por mor da deriva privatizadora do Partido Popular, estase a tratar de igualar á baixa as...
Martes, 28 Abril 2026

A CIG traslada o acto central do 1º de Maio a Lugo en resposta á deriva autoritaria do PP

A central entende que no actual contexto de medre do fascismo non pode quedar impasíbel ante as actitudes golpistas e antidemocráticas. A Confederación Intersindical Galega (CIG) comunica o traslado do seu acto central do Primeiro de Maio á cidade de Lugo en resposta á deriva «autoritaria e golpista» do Partido Popular, que vén de dar un paso máis nas súas actitudes...
Venres, 24 Abril 2026

Corpos xerais: teñen unha lea monumental coas eleccións de destino e non dan información

Na Comisión de Persoal de 24/04/2026 voltamos a esixir que nos convoquen xa á reunión á que se comprometeron. Na Mesa Xeral do 21/04/2026 comprometéronse a convocarnos a unha xuntanza de carácter técnico para solventar o problema dos actos de elección de destino. Nin nos enviaron datos, nin a listaxe de postos. Non podemos saber cantos postos quedaron vacantes da fase de...