Novas por contido

No DOG do 21/02/2025 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de xaneiro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador/a social.

No DOG do 21/02/2025 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2025 pola que se convoca o curso monográfico Actualización de criterios de actuación no ámbito tributario autonómico galego.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de GaliZa ata as 23.59 horas do día 2 de marzo de 2025.

No DOG do 21/02/2025 publican a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel iniciación.

As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT, https://cemit.xunta.gal, antes da finalización do prazo de inscrición.

O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

No DOG do 20/02/2025 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2025 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para o persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 21 ao 28 de febreiro de 2025.

Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas no curso solicitado por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas, tendo prioridade aquelas persoas que posúan a condición de delegado/a de prevención, traballador/a designado/a e/ou empresario/a que asuma as funcións de prevención de riscos laborais na súa empresa (deberán achegar a documentación que o acredite ao enderezo <Isgga.cursoprl@xunta. gal> dentro do prazo de presentación de solicitudes), e reservarase o 50 % das prazas do curso ao persoal empregado público.

No DOG do 20/02/2025 publican a RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de febreiro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

No DOG do 19/02/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 25 de febreiro, ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo) e modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), polo que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 25 de febreiro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

No DOG do 19/02/2025 publican a RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 10 de febreiro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización e clasificación de postos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 18/02/2025 a FUNDACIÓN DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DE A ESTRADA publica o ANUNCIO da convocatoria pública para cubrir dezaseis prazas de persoal laboral temporal.

Na páxina www.feiradomoble.gal publicaranse as bases que rexerán o proceso selectivo.

No DOG do 18/02/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 18/02/2025 publican a RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinados corpos, escalas e especialidades.

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/ funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A1 en que se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Corpo facultativo superior

Escala de enxeñeiros. Especialidade enxeñaría industrial

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de montes

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...