Novas por contido

No DOG do 26/09/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2024 pola que se convocan seis cursos de formación en prevención de riscos laborais de carácter obrigatorio para o persoal de diversos centros de traballo das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.

No DOG do 26/09/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2024 pola que se convoca o Curso monográfico sobre a responsabilidade patrimonial sanitaria.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 15 de outubro de 2024.

No DOG do 26/09/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 23 de setembro de 2024, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galiza e clasificación no corpo superior (subgrupo A1) e no corpo auxiliar (subgrupo C2) da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 23 de setembro de 2024, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galiza e clasificación no corpo administrativo (subgrupo C1) da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 25/09/2024 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal técnico.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 25/09/2024 publican o CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR - FUNDACIÓN CETMAR publica o ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección de dúas prazas de persoal técnico.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

No DOG do 24/09/2024 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal técnico superior.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 24/09/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficia de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

No DOG do 24/09/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2024 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 3 de outubro de 2024.

No DOG do 24/09/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2024 pola que se convoca o webinario Contratación pública e dereito da competencia.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 30 de setembro de 2024.

No DOG do 20/09/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluidas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de orientación laboral.

- RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluidas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral.

- RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de axentes técnicos en xestión ambiental, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B.

- RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Outras novas recentes

Mércores, 17 Xuño 2026

Calendario de adxudicacións de postos e actos de elección de destino (MSF 17/06/2026)

Nesta Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario, a directora xeral de Emprego Públiico trasládanos o seguinte calendario de resolucións de adxudicacións de postos dos concursos de traslados e dos actos de elección de destino: Informática: van publicar unha corrección de erros para cambiar dúas cuestións:  Modifican o apartado D), referido ao traballo...
Venres, 19 Xuño 2026

A XUNTA "NOSTRA": uso de prácticas mafiosas no concurso de traslados

Ameazas de desterro de oficio a quen non ceda o seu posto Estrañas manobras en Emprego Público para que algunhas persoas renuncien aos postos obtidos no concurso. A lei do silencio chega á Función Pública galega. A DXEP pretende tapar os seus erros xudiciais roubándolle os postos aos persoal mediante a táctica do susto ou trato telefónico. O "trato" é que colles un posto...
Xoves, 18 Xuño 2026

EGAP: convocatoria de probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix)

No DOG do 18/06/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2026 pola que se convocan as probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) nos seus niveis de iniciación e intermedio para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, da...