Novas por contido

No DOG do 30/12/2024 a CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALIZA, S.A. publica a RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2024 pola que se acorda e se dá publicidade á oferta de emprego público correspondente ao ano 2024.

No DOG do 30/12/2024 a AXENCIA DE TURISMO DE GALIZA publican a RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2024, da Comisión de Selección encargada de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, da Axencia Turismo de Galiza, por concurso, pola que se aproba e publica a baremación definitiva das persoas aspirantes que superaron o proceso e se propón o seu nomeamento como persoal laboral fixo da entidade.

No DOG do 30/12/2024 publican a RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 27 de decembro de 2024, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galiza e clasificación no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial (subgrupo C1) e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2) da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 27/12/2024 publican as relacións defintivas de aspirantes que superaron os procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 mediante o sistema de concurso oposición:

-  subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade psicoloxía

- subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de fisioterapia

- subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos

- grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, operador/a de ordenador (persoal Cixtec)

- agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo de agrupacións profesionais, escala de persoal de mantemento

- subgrupo A1

- subgrupoA2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría

-  subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica

- subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía

- subgrupo A1, escala de arquitectos

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 27/12/2024 publican a RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola que se modifica a baremación definitiva do concurso dunha escala.

Mediante a Resolución do 17 de decembro de 2024 (DOG número 244, do 19 de decembro), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva do concurso da escala de veterinarios.

Unha vez publicada a dita resolución, detectouse un erro de carácter técnico na puntuación referida á base III.1.1.a) dunha persoa aspirante.

No DOG do 27/12/2024 publican as baremacións definitivas da fase de concurso do proceso de estabilización da Lei 20/2021 mediante o sistema de concurso-oposición:

- subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de traballo social

- subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador/a social

- subgrupo A2

- corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web cor-porativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través do Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

No DOG do 27/12/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de decembro de 2024 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística.

No DOG do 26/12/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala de auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, pola que se publica a baremación definitiva da fase de concurso.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

No DOG do 26/12/2024 publican as baremacións definitivas da fase de concurso do proceso selectivos de estabilización da Lei 20/2021 mediante o sistema de concurso-oposición:

-  categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza, titulado/a superior lingüista

-  subgrupo C1, escala técnica de cociña

- subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta. gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 23/12/2024 publican a baremación definitiva do concurso de estabilización da Lei 20/2021 da escala de axentes técnicos facultativos,  especialidade de educación infantil

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través do Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...