Novas por contido

No DOG do 18/12/2024 publican a RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, pola que se modifica a Resolución do 9 de decembro de 2024 pola que se fixo pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinados corpos, escalas e especialidades.

Fan pública novamente a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo administrativo, escala técnica auxiliar de informática, que modifica a publicada pola Resolución deste tribunal do 9 de decembro de 2024 (DOG núm. 237, do 10 de decembro), incluíndo unha nova persoa aspirante.

No DOG do 17/12/2024 a CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALIZA, S.A. publica o ANUNCIO polo que se fai pública a designación como persoal laboral fixo en diversas categorías da Corporación Radio e Televisión de Galiza, S.A. e se dá por concluído o proceso selectivo excepcional de estabilización convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2022.

No DOG do 17/12/2024 publican a RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador/a infantil, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

No DOG do 17/12/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024 pola que se convocan, para a elección de destino provisional, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, e o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocados polas resolucións da Consellaría de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galza número 241, do 17 de decembro).

- RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024 pola que se convocan, para a elección de destino provisional, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado mediante a Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 22 de decembro).

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

No DOG do 17/12/2024 publican a RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución da Consellaría de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida pola persoa aspirante, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

No DOG do 16/12/2024 publican a RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso da escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría industrial.

No DOG do 16/12/2024 publican a RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso e se modifica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

A baremación definitiva obtida pola persoa indicada e a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo coa nova orde de prelación das persoas aprobadas publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

No DOG do 16/12/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala técnica de delineantes.

- RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio.

- RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos.

No DOG do 16/12/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2024 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo 2, escala de inspección turística.

Amplían o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo 2, escala de inspección turística, e realizar a dita proba o 16 de xaneiro de 2025.

- RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1.

Amplían o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, en vinte (20) días hábiles.

- RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2024 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz.

Amplían o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, en vinte (20) días hábiles.

 

No DOG do 13/12/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2024 pola que se desestiman determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do complemento de desempeño do posto para o persoal laboral.

- RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2024 pola que se desestiman determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de carreira administrativa para o persoal funcionario.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...