Novas por contido

No DOG do 22/06/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026 pola que se convoca o webinario Responsabilidade patrimonial polos danos derivados das medidas adoptadas ou non adoptadas nos casos de crises e emerxencias causadas por catástrofes naturais.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 28 de xuño de 2026.

No DOG do 22/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026 pola que se resolve parcialmente o proceso de selección de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (código de procedemento IN859A).

No DOG do 19/06/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, convocado mediante a Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e segundo exercicio do proceso selectivo.

Terán lugar o día 27 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025 pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 1 de xullo de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 14.30 horas, na sala D, situada na planta baixa do Edificio Administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.

No DOG do 19/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza: escalas de arqueólogos; técnica de restauración; técnica de delineantes; de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos, e de auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, convocado pola Resolución do 26 de maio de 2025.

Adxudican e fan públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo II. Esta información atópase ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <Concurso de traslados>.

Difiren os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galiza a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.

No DOG do 19/06/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso ou de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia, titulado/a superior lingüista, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), modificadas polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza núm. 15, do 23 de xaneiro) e polas resolucións do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

- RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de expertos/as lingüistas, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

- RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arqueólogos; escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos, bibliotecas e museos; no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, bibliotecas e museos; escala técnica de restauración, especialidade en bens artísticos e arqueolóxicos; no corpo de técnicos de carácter facultativo, subgrupo C1, escala técnica de delineantes, e no corpo auxiliar, subgrupo C2, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades arquivos e bibliotecas, convocados polas resolucións do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

Publican como anexos I as relacións de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos.

Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran nos anexo II destas resolucións. As persoas aspirantes elixirán as prazas á categoría a que acceden de conformidade co indicado nos anexos II destas resolucións.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e a clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de tres (3) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

No DOG do 19/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación da relación de persoas aprobadas no DOG, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para presentar a documentación prevista na citada base.

No DOG do 18/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade limpeza e cociña (AP), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 220, do 20 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 22 de xuño de 2026, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas.

No DOG do 18/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 8 de xuño de 2026, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 17/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2026, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, pola que fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

Terá lugar o día 27 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza Abanca en Silleda.

No DOG do 17/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala de auxiliares de clínica.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...