Novas por contido

No DOG do 26/06/2026 publican a ORDE do 19 de xuño de 2026 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos selectivos para o ingreso pola modalidade específica de promoción laboral fixo, convocados polas resolucións do 24 de febreiro de 2024.

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira dunha persoa, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de xullo de 2026.

No DOG do 25/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de xerocultor ou xerocultora, e do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servicios xerais (PSX).

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de «Concurso de traslados».

As respostas ás reclamacións poderanse consultar no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions

No DOG do 25/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 31 de marzo de 2026 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, concurso convocado pola Resolución do 8 de xullo de 2025.

Inclúen unha nova persoa.

No DOG do 25/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais, convocado mediante a Resolución do 4 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 131, do 10 de xullo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Acordan modificar a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, eliminando a persoa aspirante decaída, renumerando a orde de prelación e incorporando unha nova persoa aspirante, atendendo á orde das puntuacións obtidas nel, e facer pública esta relación complementaria como anexo.

No DOG do 25/06/2026 publican o ACORDO do 12 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publicar as puntuacións do primeiro exercicio.

No DOG do 23/06/2026 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA pubica o ANUNCIO do 16 de xuño de 2026 polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 23/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2026 pola que se modifica a Resolución do 15 de xuño de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 19 de xuño) pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arqueólogos; escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos, bibliotecas e museos; no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, bibliotecas e museos; escala técnica de restauración, especialidade en bens artísticos e arqueolóxicos; no corpo de técnicos de carácter facultativo, subgrupo C1, escala técnica de delineantes, e no corpo auxiliar, subgrupo C2, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades arquivos e bibliotecas, convocados polas resolucións do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

 

No DOG do 23/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola, convocado mediante a Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo no portal web corporativo funcionpublica.gal

No DOG do 22/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, referida ao terceiro exercicio da fase de oposición, estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten que posuían, o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

No DOG do 22/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar os días 29 e 30 de xuño de 2026, en chamamento único nos respectivos días ás 14.30 horas na sala D, situada na planta baixa do edificio administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...