Novas por contido

No DOG do 16/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2026 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores.

No DOG do 16/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX), convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 28 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 19 da facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

No DOG do 16/06/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo‑pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola, dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

- RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza, dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refiren os anexos destas resolucións deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 15/06/2026 o PARLAMENTO DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2026 pola que se nomea o tribunal cualificador do proceso selectivo para ingresar, por promoción interna e mediante concurso-oposición, nunha praza do corpo de letradas e letrados.

No DOG do 15/06/2026 a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN publica a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de dúas prazas de titulado/a superior, xestor de proxecto.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da súa publicación oficial.

No DOG do 15/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 12/06/2026 o CONSELLO DE CONTAS DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno, do 4 de xuño de 2026, polo que se aproba a convocatoria do procedemento para a implantación do réxime transitorio e extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa aos graos I, II e III ao persoal funcionario que presta os seus servizos nesta institución.

O procedemento para o acceso aos graos I, II e III, a través do réxime transitorio e extraordinario de carreira administrativa no Consello de Contas, iniciarase mediante a solicitude presentada pola empregada ou empregado, ante o conselleiro maior, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde a entrada en vigor deste acordo, segundo o modelo normalizado do anexo I, que se poñerá á disposición na sede electrónica da institución. 

No DOG do 12/06/2026 o CONSELLO DE CONTAS DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno, do 4 de xuño de 2026, polo que se aproban as normas reguladoras do procedemento para o establecemento do complemento de desempeño (grao III) do posto de traballo para o persoal laboral fixo dependente desta institución.

O procedemento para o acceso ao réxime transitorio e extraordinario de carreira administrativa de recoñecemento do complemento de desempeño no Consello de Contas iniciarase mediante a solicitude presentada pola empregada ou empregado ante o conselleiro maior no prazo de quince (15) días hábiles contados desde a entrada en vigor deste acordo, segundo o modelo normalizado do anexo I, que se poñerá á disposición na sede electrónica da institución.

No DOG do 12/06/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 98, do 23 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio.

Terá lugar o día 22 de xuño de 2026 en chamamento único, que se iniciará ás 15.00 horas, no Seminario B, da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar, convocado mediante a Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 162, do 26 de agosto), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 18 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.

No DOG do 12/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...